Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Numero Público asistiu ás II Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola AGG

Numero Público asistiu ás II Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola AGG

Varios

O Centro Sociocultural do Castiñeiriño acolleu a numerosos bailadores na II edición das xornadas.

Numerosos asistentes participaron nas “II Xornadas de Baile Tradicional”, xornadas que naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

Nestas xornadas, ás que asistiron profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral, ademáis de numerosas persoas vinculadas á cultura galega, presentáronse métodos e materiais didácticos para achegar o baile non só ao ambito das asociacións culturais, senón a toda a poboación. Para impartir as distintas aulas e obradoiros da xornada contouse con Gustavo Couto, Xabier Iglesias, Luis Prego, Serxio Cobos e Pablo Díaz, todos eles mestres e bailadores de recoñecido prestixio no ambito do baile tradicional.

Para iniciar as xornadas, Xabier Iglesias presentou a publicación “Así fan os Bailadores...” e Gustavo Couto presentou “Bailaben”, dous métodos de aprendizaxe do baile tradicional galego que pretenden ser ferramentas de axuda para toda a xente que estea interesada na aprendizaxe do mesmo.

Posteriormente e ao longo de todo o día, ofrecéronse aos asistentes distintos obradoiros para o aprendizaxe de xogos bailados, muiñeiras, xotas e bailes agarrados así como unha mesa redonda que tratou a situación actual e o futuro do baile tradicional en Galicia.

Para a realización desta xornada a Asociación de Gaiteiros Galegos contou coa colaboración da Concellería de Cultura e Centros Sociais do Concello de Santiago.