Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios / Achégase a celebración dos Premios da Música

Achégase a celebración dos Premios da Música

Varios

O 17 de Febreiro daranse a coñecer en roda de prensa os gañadores da XIV edición dos Premios da Música. A Gala de Entrega de Premios terá lugar o 4 de marzo no Teatro Häagen-Dazs Calderón de Madrid.

Nesta XIV edición dos Premios da Música, organizados pola Academia das Artes e as Ciencias da Música, están nominados un total de nove artistas galegos. Juan Carlos Fasero, o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), está nominado na súa faceta de músico. Compite na categoría de Mellor Canción en Galego co seu tema "A nosa estrela", composto en colaboración con Eva Carreras. Os seus rivais serán "Madama", de Guadi Galego, Pedro Pascual e Rosa Bugallo, e "Nada", de Carlos Bau.

Ademais dos mencionados, Carlos Núñez, con Alborada do Brasil, e Luar na Lubre, con Ao vivo, competirán con Kepa Junquera na categoría de mellor álbum de música tradicional; e o director e compositor Ros Marbá e a Real Filharmonía de Galicia, con 5 Melodías sobre poemas de Paul Valéry, competirán por algún dos galardóns no apartado de Música Clásica con Carmen Verdú, Joan Valent, Ara Malikian ou Jordi Savall.