Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Xornadas adicadas a Romasanta, o lobishome en Allariz

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Xornadas adicadas a Romasanta, o lobishome en Allariz
Cando:
29.10.2011 - 31.10.2011 
Onde:
Allariz
Categoría:
Xornadas

Descrición

O vindeiro sábado Félix Castro participará na mesa redonda do sábado 29 ás 21 h en Allariz (Ourense) sobre Romasanta, o lobishome en Allariz,  xunto cos pesos pesados que o estudaron (García Mañá, Xosé Domínguez, José Bustillo…) , dentro das Xornadas adicadas a este personaxe (días 29, 30 e 31 de outubro). www.fundacionvicenterisco.com
Tamén cederemos libros, revistas e pregos de cordel do noso arquivo  para a Exposición sobre Romasanta, na sede da Fundación Vicente Risco, que permanecerá durante todo o mes de novembro.
Durante a preparación da mesa redonda atopamos probas absolutamente novedosas sobre un dos misterios máis importantes arredor do Mito Romasanta, o seu destino final despois do Indulto da Raíña Isabel II, onde, cando e cómo faleceu, que exporemos na intervención e que lle dan un novo xiro ao caso, ao tempo que xeneran novas incógnitas.
 

Ubicación

Ubicación
Allariz
Cidade:
Allariz
Estado / Provincia:
Ourense

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible