Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Mercedes Peón nas festas da Peregrina

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Mercedes Peón nas festas da Peregrina
Cando:
17.08.2011 22.30 h
Onde:
Pontevedra
Categoría:
Concertos

Descrición

Lugar:     Plaza de España - Pontevedra
Fecha:     17 de Agosto de 2011
Hora:     22:30

Mercedes Peón

Mercedes Peón (Galicia) está considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuito da world music actual. Naceu en 1967 e aos 13 años escoitou cantar a varias mulleres da Costa Da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da ribeirana foi o detonante para recoller as cancións, bailes, contos e vivencias dos seus contemporáneos habitantes das aldeas. Transmitiu todo ese coñecemento a través do ensino, nas escolas municipais, na Televisión Galega, e en Universidades como La Sorbone, O Porto, País de Gales etc.

A variedade das súas composicións que arrancan desde a polirrítmia baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes, o seu amplo repertorio, o embruxo e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta muller, unha aposta segura pola continuidade da escena etnocontemporánea en Europa.
Despois de profundizar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué.

Expresouse libre de clichés, e espallouse polo eido internacional sen ningún esforzo mediático. Nos seus traballos posteriores – Ajrú no 2004 e Sihá no 2007 – as suas composicións levárona a unha particular atmósfera casi rozando o electroacústico, facendo do resultado o seu sinal distintivo dentro e fóra das nosas fronteiras.

Os seus últimos traballos están en estreita colaboración con outras disciplinas como a danza - Composición da música de " O Kiosco das almas perdidas" do Centro Coreográfico Galego. Asesoramento sonoro e composición electroacústica para o espectáculo “Concerto desconcerto” da compañía Entremáns. Composición de música para a obra “Solo dos” de Maruxa Salas- ou o cine -composición da música da longametraxe documental de Margarita Ledo "Liste, pronunciado Lister" e da curtametraxe “Cienfuegos 1913” da mesma autora-

A finais do 2010, sae o seu cuarto traballo discográfico …---… (Sós), música de vangarda., catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual, amósanos unha evolución ou un momento da sua carreira especialmente brillante. Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma, …---… , é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento.

Ubicación

Ubicación
Pontevedra
Cidade:
Pontevedra
Estado / Provincia:
Pontevedra
País:
País: es

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible