Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Foliada de primaveira

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Foliada de primaveira
Cando:
10.04.2015 22.30 h
Onde:
Cambre
Categoría:
Foliadas

Descrición

foliada cecebre

Gaiteiros da parroquia cambresa organizan o venres a súa tradicional foliada, con músicos e bailadores como Susana Seivane, Pedro Lamas, Xosé Lois Romero ou Quique Peón.

Gaitas, pandeiretas e aturuxos soarán o venres na popular foliada que dende hai anos organiza un grupo de gaiteiros de Cecebre.

Calquera pode tratarse na noite do venres sobre as táboas xa que esta jam session do país é aberta a todos os que queiran participar. "Non é preciso inscribirse aínda que se algúen quere que o anotemos para asegurarse que o vamos ter en conta para tocar, pode poñer un comentario no meu perfil de Facebook", explica Lamas.

Calquera excusa é boa, admite o músico, para facer estas xuntanzas, que organizan de xeito regular hai uns anos. Neste caso, a foliada conságrase á primavera. "Fixemos foliada de Difuntos, de primavera, de verán, de Nadal, dos namorados... E sempre en Cecebre", relata Lamas. O obxectivo é xuntarse e disfrutar da música. "Non hai ningunha superestructura detrás, nin sequera somos unha asociación. Somos xente con gusto por facer estas cousas e como hai músicos coñecidos, imos tirando uns dos outros e créase interese", explica Lamas. A convocatoria adoita atraer a xente de toda Galicia e mesmo persoas de países extranxeiros que andan preto na data da festa. Aínda que o obxectivo é "pasalo ben" sin preocupación por sumar xente, Lamas calcula que se apuntarán á festa unhas duascentas persoas.

O lugar elexido ten capacidade para acoller a gran foliada que se espera. "É un antigo salón de baile, onde estaba o local de xuventude de Cecebre, que agora funciona como local hosteleiro. É moi amplo e ademais ten o chan de madeira, o que se agradece para os bailadores", describe Lamas. A festa comezará ás 10.30 horas e "non se sabe cando rematará". Nesta ocasión haberá que ver cómo respiran os novos responsables do local pero, como precedentes, Lamas conta que músicos e bailadores teñen festexado ate as 07.00 horas.

http://www.laopinioncoruna.es/

Ubicación

Ubicación
Cecebre
Cidade:
Cambre
Estado / Provincia:
A Coruña

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible