Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Axenda / Detalles - Susana Seivane no Clavicémbalo

EMAIL Imprimir

Axenda

Evento 

Título:
Susana Seivane no Clavicémbalo
Cando:
28.02.2015 23.55 h
Onde:
Lugo
Categoría:
Concertos

Descrición

 

susana-seivane-1Susana Seivane
28/Feb/2015 - 11:55pm

SUSANA SEIVANE.FOLK

Susana: gaita, voz e pandeireta; Xurxo: bouzouki;Brais: acordeón; Carlos Freire: percusión

Susana Seivane

Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade da man do seu pai, Álvaro. Entra en contacto con mestres gaiteiros do talle de Ricardo Portela e Moxenas que, xunto co propio avó, Xosé Manuel Seivane, a influencian grandemente e lle axudan a entender e interpreta-la música tradicional galega. Non tardou moito en gaña-la admiración e o respecto do mundo da gaita en Galiza. Aos 20 anos xa pisaba escenarios como artista invitada do grupo Milladoiro. Continúa desde entón como solista creando un estilo xenuíno que, lonxe de perder de vista o aire enxebre dos antigos gaiteiros, se abre a novas influencias doutras músicas. Consegue, deste xeito, un enfoque fresco e orixinal, unha mestura áxil e moderna que afonda na raizame da tradición galega. Susana ten catro discos editados; Susana Seivane, Alma de buxo, Mares de tempo e Os soños que volven.

Ubicación

Ubicación
Club Clavicémbalo
Cidade:
Lugo

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible