Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Detalles - Obradoiro de Pesdelán na programación de Entroido de Lugo

EMAIL Imprimir

AGG

Evento 

Título:
Obradoiro de Pesdelán na programación de Entroido de Lugo
Cando:
15.02.2015 
Onde:
Categoría:
Obradoiro

Descrición

pesdelan

Domingo 15 de febreiro, ás 18:30h
Praza de Abastos de Lugo
Organiza: Concello de Lugo
Entrada de balde
Aforo limitado

Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante


Este  obradoiro  esta  pensado  para  o  publico  familiar.
Unha  oportunidade  unica  para  que  pais,  nais,  avos,  fillos  e  fillas participen  xuntos  da  aprendizaxe  de  xogos  de  roda  e  bailes,  dun xeito ameno e divertido gozando do baile e do entroido.

As  pezas son parte do  libro CD / DVD Na Punta do Pé,  do  grupo  Pesdelán e  foron  recollidas  en  distintas  zonas  da xeografia galega e portuguesa e máis algunha propia destas datas.

No  obradoiro  de  Pesdelan  participaran:  
Monica de Nut  (voz), Montse Rivera (voz e ensino de danzas), Xerardo Quintela (acordeon) e Ruben Montes (percusion).

Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos,
bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008
facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade,
en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo
e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas.

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema:
o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas,
para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán.
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués
dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera
coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka,
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias.

 

Ubicación

Ubicación
Lugo

Descrición

Sentímolo, pero non hai unha descrición dispoñible