Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

A Asociación De Gaiteiros Galegos, ante as publicacións recentes na prensa sobre o pre-acordo coa Deputación de Pontevedra, e ante as explicacións que demandan os músicos tradicionais galegos ao respecto, informa:

1º A Deputación de Pontevedra propón a creación de unha escola única para o cal achegará 100.000 euros a maiores dos xa concedidos á Asociación de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra.

2º O único condicionante da Deputación é a integración das dúas partes en unha única escola que impartirá distintos instrumentos, todos exclusivamente tradicionais, estando os contidos pormenorizados das materias pendentes de definir.

3º A concesión desta subvención depende de que a AGG chegue a un acordo coa ABGPPP no que, evidentemente, a AGG defenderá incondicionalmente a postura que ven a manter con respecto aos aspectos formais e de fondo con respecto á música tradicional.

4º De momento non hai nada asinado e nin sequera falado xa que está pendente a entrevista co presidente da ABGPPP co que a AGG xa se puxo en contacto.

5º No caso de que non haxa acordo, a AGG seguirá liderando e alentando unha oposición férrea e *sen cuartel* ao modelo que se pretendía introducir na provincia.

Por todo isto, a directiva da AGG prega a tódalas agrupacións e persoas que nos prestaron o seu apoio que continúen unidos e seguros de que faremos todo o que estea na nosa man para dar unha solución aceptable e vantaxosa ao problema.

Pontevedra, 8 de xuño de 2005.
A directiva da AGG.