Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

cartaz maios_2022 - pqMañá xoves, 19 de maio, celebraremos os maios cos nenos e nenas da  Tradescola  e darémoslle a benvida á primavera cunha nova actividade de difusión e promoción da nosa música, o noso canto e o noso baile tradicional.

A partir das 16.30 horas terá lugar a elaboración dun maio figurado a cargo das/os nenas /os que se recubrirá con fentos, fiuncho, herbas e frores silvestres (No Centrad - Rúa Chantada S/N - LUGO). Posteriormente, alumnas/os dos grupos infantiles e mestres da Tradescola  ofrecerán distintas actuacións nas que se poderá gozar de numeroso repertorio tradicional cantado e bailado ao redor dos maios.

O programa da celebración será o seguinte:

Xoves 19 de maio

De 16.30 a 17.00 horas: Elaboración de maios figurados.

E posteriormente haberá actuacións arredor do maio a cargo dos grupos infantiles da Tradescola.

Esta é unha nova actividade que se suma ás levadas a cabo durante o curso, no que a maiores das aulas impartidas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical, están realizándose tamén certames e concertos didácticos de música Tradicional para escolares de distintas comarcas da provincia.