Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Publicamos carta remitida a todos os nosos socios, referente á procura dun(ha) traballador(a).

Estimado soci@:



Poñémonos en contacto contigo para comunicarche que, por motivos persoais, Sonsoles Martínez deixa o posto de traballo que viña desempeñando con nós desde hai un ano. Debido a inxente cantidade de traballo que os distintos convenios coa Xunta e outros organismos ten a Asociación, temos a necesidade de volver a cubrir ese posto polo que te convidamos a que, se este é do teu interese, nos envíes o teu curriculum o máis urxentemente posible segundo as especificacións que se achegan máis abaixo.

Non queremos deixar pasar esta oportunidade sen agradecer a Sonsoles a súa dedicación e celo no desempeño da súa labor na AGG, e desexarlle o mellor na súa nova andaina.

Sen outro particular, aproveitamos para enviarche un agarimoso saúdo.

Santiago Caneiro Aneiros,
Presidente.

Especificacións para a solicitude do posto de traballo:


Mais información.

Especificacións para a solicitude do posto de traballo.

Méritos que se valorarán:
-Coñecemento do funcionamento organizativo da AGG.
-Coñecementos de contabilidade básicos e/ou especializados.
-Dominio oral e escrito do galego.
-Coñecementos informáticos básicos e/ou especializados(office, internet, etc.)
-Experiencia na organización de actividades públicas (charlas,cursos)
-Capacidade de organización e traballo en equipo.
-Experiencia en organización e eventos(festivais e concertos).
-Coñecemento do mundo da música tradicional.
-Carné de conducir e dispoñibilidade de auto propio.
-Outros que se queiran achegar.

O procedemento de selección farase por concurso de méritos e, se fose necesario, unha proba e/ou unha entrevista limitada a preseleccionados/as. A comisión de selección estará formada por membros da Xunta Directiva da AGG con asesoría externa. Os curriculums deberán incluir un teléfono e un enderezo de contacto para comunicar, se fose o caso, o día e lugar da proba e/ou da entrevista. A incorporación será inmediata, para empezar a traballar no mes de outubro a xornada completa.

As solicitudes enviaranse por correo postal o antes posible, a

Termas Ref.: AGG
Apartado 116
36080 Pontevedra