Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio

Sábado 16 de abril de 2005, reunión no Salnés.

Consultar os acordos adoptados .

Aprobou-se enviar á prensa o seguinte Comunicado:


Comunicado:

Os grupos, asociacións e persoas abaixo asinantes queremos manifestar a nosa preocupación e disconformidade coa recente implantación en Vilagarcía da Escola de Gaitas da Deputación de Pontevedra, co amparo do Concello de Vilagarcía.

Ademais de supoñer unha clara intención de monopolizar e incluso dinamitar o traballo de moitos grupos e asociacións que no Salnés dende hai moitos anos veñen traballando por e para a normalización da música tradicional e a cultura galega, supón tamén unha aberración cultural subvencionada con cartos públicos (90.000 euros aprobados pola Deputación de Pontevedra).

- Dita escola plantexou na semana que ven de rematar nos centros educativos de Vilagarcía. informacións sesgadas, confusas e claramente inclinadas hacia unha gaita marcial, escocesa e que nada ten que ver coa gaita que tocamos na nosa bisbarra.

- Dita escola de gaitas utiliza unha gaita que non é galega, composta por tres roncos colocados verticalmente, ao igual que as gaitas escocesas. Ademáis, a técnica de execución ensinada é completamente allea á nosa tradición musical.

- A percusión que utiliza é exactamente a mesma que a percusión utilizada en Escocia, percusión de plástico de alta tensión, rexeitando a nosa percusión tradicional galega. Tamén no caso da percusión son empregadas técnicas claramente non tradicionais, ignorando –de xeito intencionado- a riquísima cultura existente neste campo.

- O carácter marcial e militarizado que adoptan as bandas que xurden
destas escolas, en ningún momento se achega ao carácter propio da nosa música tradicional.

- O modelo escollido para estas escolas é o mesmo que o que utiliza desde hai anos a Deputación Provincial de Ourense, modelo do que é coñecido públicamente o dano que ocasionou á música tradicional nesa provincia.

- Os métodos de ensino utilizados nestas escolas son totalmente parciais e persiguen a alineación e uniformidade do alumno ou alumna nunca banda de gaitas, non adquirindo unha formación completa e integral do alumnado con respecto á música tradicional galega.

- O convenio asinado na Deputación para realizar este tipo de actividades está cheo de irregularidades. Entre elas, non figura en parte algunha a titulación do profesorado que impartirá as clases. Pode resultar que non estean en absoluto cualificados para ensinar aos rapaces e rapazas.

- O Concello de Vilagarcía respalda e apoia a creación desta escola de gaitas cedendo gratuitamente locais do Auditorio e o traballo do seu persoal, mentres que as Asociacións do Concello non poden obtar a este tipo de instalacións.

De sobra é coñecida á notoriedade e calidade dos grupos de música tradicional da comarca do Salnés ó longo da historia: Pallamallada, Os Campaneiros, Os Areeiras, Os Encantitos, Os Carballeiras…


Simplemente porque a Deputación lle ofrece ó Concello unhas clases de gaita e percusión de forma gratuíta, o Concello non debera de aceptar desta maneira porque está perxudicando, confundindo, uniformando e atentando contra a cultura musical da nosa bisbarra.
Por eso invitamos ó Concello de Vilagarcía a que reflexione e rectifique a súa decisión. Así mesmo suxerímoslle que se de verdade quere contribuir á normalización da música tradicional na comarca do Salnés que se preocupe por introducir a asignatura de Gaita Galega no Conservatorio Municipal de Vilagarcía, cun profesorado cualificado e cunha titulación homologada. Desta forma situaría o noso instrumento máis representativo á mesma altura que calquera dos instrumentos clásicos que se imparten en tódolos conservatorios.
Como non, estamos dispostos a colaborar co Concello de Vilagarcía en todo o que precisen, sempre que sexa polo ben da nosa cultura musical.

Asinantes:

- Ansuíña de Vilanova.
- Aresta (Ribadumia).
- Asociación Cultural A Vertula (Paradela).
- Asociación Cultural de Cea.
- Asociación Cultural Os Xirifeiros.
- Asociación Cultural Santa María de Godos.
- Asociación Cultural Santa Plácida de Rubiáns.
- Asociación de Gaiteiros Galegos.
- A Xunqueira (Rubiáns).
- Banda de Gaitas Rías Baixas.
- Brisas do Río Ulla.
- Carlos Galván (artesán).
- Carlos Rey (folclorista).
- Faíscas de Solobeira.
- Froallo (Vilagarcía).
- Gato Negro (Carril).
- Grupo Bréteva (Nantes).
- Grupo de baile Xeada (Cornazo).
- Grupo de gaitas A Doveira (Lois).
- Grupo de gaitas Os do Barro (Toalla).
- Grupo de música tradicional Aviñadoira (Sanxenxo).
- Magoia Bodega (gaiteira).
- Maquía Gaiteiros.
- Malveiras.
- Mocedade da Torre.
- Nós Sobradelo.
- O Chilro (artesán).
- Orfeón Treixadura.
- Os Cruceiros (Tremoedo).
- Os Terribles da Arousa.
- Plantel de Ribadumia.
- Revenidas de Vilaxoán.
- Treixadura Gaiteiros.
- Xosé Ameneiro (gaiteiro).