Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Xose Manuel Navia e Francisco Javier García

Xose Manuel Navia e Francisco Javier García

Gaiteiros do Areal

Xénero:
Libros
Ano:
2005
Editorial:
Edicións do Cumio

Descrición


LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS AREEIRAS DE CATOIRA, PARTITURAS, FOTOGRAFÍAS E GUÍA DE AUDICIÓN DO CD INCLUÍDO CON 27 PEZAS GRAVADAS AOS AREEIRAS E A RAMÓN SUMAY.
uploads/areeiras.jpg

Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar ós Areeiras como un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galicia. Esta obra de Xosé Manuel Navia e Francisco Javier García é o froito de case 14 anos de recompilación e conservación dese material acumulado por Ramón Sumay e doutros documentos espallados entre as persoas próximas ós Areeiras.

Ao final recóllense de entre máis de trinta casetes e varias bobinas sonoras –das que foron quen de extraír arredor de trescentos temas musicais–, e medio cento de fotografías. A esta chea de materiais só cabía poñerlle orde e dotala de alma, a que lles proporcionaron os testemuños dos dous areeiras aínda vivos, Tito e Agustín Sumay, e as lembranzas doutras persoas que, en maior ou menor medida, tiveron relación con eles e gardaban memoria do seu paso pola historia da música galega. Nela inclúese un amplo traballo sobre a vida e obra do cuarteto de gaitas de Catoira, unha guía de audición do CD incluído neste libro, partituras de Ramón Sumay e dos restantes Areeiras, e unha galería de imaxes e fotografías que amplían a base documental sobre Os Gaiteiros do Areal.

Capítulos

  1. Memorias dun gaiteiro
  2. O Legado
  3. Álbum
  4. Guía de audición
  5. Partituras (Ramón Sumay)
  6. Partituras (Repertorio dos Areeiras)