Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / OS AREEIRAS

OS AREEIRAS

A historia musical dos Areeiras comeza alá polo primeiro cuarto do século, cando un rapaz de Catoira de 11 anos, de nome Ramón Sumay decide aprender a tocar a gaita. Entra en contacto con Agustín, de alcume O Carabinero, e intégrase con el no Grupo de Gaitas de Campelo. Máis tarde tamén se integraría no mesmo grupo o seu irmán Tito.

Corría o ano 1943 cando os dous irmáns Sumay abandonan a formación de Campelo e forman co seu irmán Agustín, e máis Alfonso O Zapateiro o grupo OS AREEIRAS. A formación veuse alterada só no referente ó bombeiro, posto polo que pasou o irmán máis novo, Eugenio e finalmente foi Castro quen se encargou do bombo, completándose a que sería definitiva formación do cuarteto. E así, tocando en romarías e verbenas, foi pasando o tempo ... Corenta e dous anos en activo foron testemuña e campo de traballo deste cuarteto ata que no ano 1985 deixaron definitivamente de tocar en público. Atrás quedaba unha carreira musical que percorreu todo o país. As súas múltiples anéctodas con grupos coma Os Campaneiros, eternos compañeiros, amigos e rivais a un tempo. As historias case incribles dun grupo que se caracterizaba por acompañar as gaitas coas voces que chegou a provocar mesmo o afundimento de algún palco debido á enorme cantidade de xente que nes se subia a acompañalos nos cantos; dun grupo cun repertorio cheo de pezas de baile nuns tempos de escaseza, case inexistencia, de orquestras de verbenas.

Cando andaban metidos en idades octoxenarias, xurdiu a idea de gravar o seu xeito de interpretar, de que nos quede unha mostra do seu riquísimo e variado repertorio. Para iso foi preciso suplir ó desaparecido Castro, tarefa que se encomendou, unha vez máis, a un membro da familia Sumay, o xoven Ramón Fernández, neto á súa vez de Ramón.

OS AREEIRAS

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
2000
Discográfica:
DiscMedi

Descrición

Os Areeiras:

Ramón Sumay (gaita e voz)
Tito Sumay (gaita e voz)
Agustín Sumay (Tamboril)
Ramón Fernández Sumay (bombo)

Produción musical: Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Moncho García Rei.

Unha produción de Cormorán Produccións, S.L.
Enxeñeiro de son: X.M. Tasende
Axudante de son: Alberto Casas
Conceito gráfico: Quique Costas

Pezas

  1. Foliada valseada. TRADICIONAL.
  2. Pasodoble de Guisoi. RAMÓN SUMAY.
  3. Carballafarta. TRADICIONAL.
  4. Muiñeira do Outeiro da Villa. RAMÓN SUMAY.
  5. Vals de Venduda. TRADICIONAL.
  6. A Revolta. RAMÓN SUMAY.
  7. A Fonte do Fial. TRADICIONAL.
  8. Jota de Tomada. TRADICIONAL.
  9. Pasodoble de Afinación. RAMÓN SUMAY.
  10. A Balastrera. TRADICIONAL.
  11. Muiñeira do Areal. RAMÓN SUMAY.
  12. Vals Ranchero. TRADICIONAL.
  13. Pasodoble de San Antonio de Catoira. RAMÓN SUMAY.
  14. Foliada de San Cibrán. TRADICIONAL.

OS AREEIRAS DE CATOIRA

Xénero:
Grupos de música tradicional
Ano:
/05
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

Este grupo fundado en 1943 mantivo a súa actividade ata a década de 1980, con escasas variacións na súa formación. Cuarteto de valores singulares na denominada música popular das Rías Baixas, polo seu especial estilo interpretativo, vivo e brillante. Ofrecemos este documento de audio xa que eran escasas as referencias gravadas ata hoxe.

Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.

Pezas