Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / JOSÉ MARENTES

JOSÉ MARENTES

JOSÉ MARENTES

Xénero:
Solistas
Ano:
2004
Discográfica:
Edicións do Cumio

Descrición

Con esta publicación, José Marentes, o Gaiteiro de Santa Xuliana, interpreta o seu repertorio co gosto exquisito que lle caracteriza, así como a súa técnica de picar excepcional. Tódolos temas son do repertorio do Sr. Marentes, onde hai melodías que aparecen en toda a comarca, outras son adaptacións das cancións de moda, e outras pezas de composición propia. Traballo gravado en tres ou catro horas na súa casa, para intentar distorsionar o menos posible o ambiente, ofrécenos esta música tradicional con todo o seu sabor. Inclúe un vídeo da gravación. Este CD pertence á colección “Os nosos gaiteiros”, coa colaboración e asesoramento da ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S.

Intérpretes:
Xosé Marentes: gaitas.
Pablo Carpintero: caixa.
José María Cebeiro: bombo.

Producción: Edicións do Cumio. S.A.

Edición: Edicións do Cumio. S.A.

Pezas

  1. Pasodobre.
  2. Rumba.
  3. Pasodobre.
  4. Muiñeira.
  5. “A Raspita”.
  6. Muiñeira “de Meira”.
  7. Xota.
  8. Pasodobre.
  9. Muiñeira.
  10. “A miña burriña”.
  11. Pasodobre.
  12. Xota.
  13. Pasodobre “Esperanza”.
  14. “A Carolina”.
  15. Pasodobre.
  16. Xota.
  17. “Muiñeira de Chantada”
  18. Rumba.
  19. Muiñeira.