Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Discografía / AIRES D’A TERRA.

AIRES D’A TERRA.

AIRES D’A TERRA (Imprescindible)

Xénero:
Coros
Ano:
2004
Discográfica:
Ouvirmos

Descrición

En 1904 un estudo móbil da Compagnie Française du Gramophone desprázase de París ata a cidade da Coruña para impresionar ao Coro Aires d’a Terra de Pontevedra (1883-1914) dirixido polo lexendario gaiteiro Perfecto Feijóo. Un total de 18 melodías orixinalmente en discos de gramófono (remasterizadas no 2004) que se constituen como as máis antigas gravacións existentes sobre a tradición musical galega. Pertence á colección "A Tiracolo", colección de gravacións históricas de Ouvirmos. Trátase da restauración sonora das grandes obras da música galega, presentadas nun formato exclusivo de CD-libro. Sen lugar a dúbida, é un cd imprescindible para todo gaiteiro ou gaiteira

Intérpretes:
Perfecto Feijóo: director, gaiteiro, zanfonista e voz.
Manuel Castro: tambor.
Victor Cervera Mercadillo: voz solista.
Alejandro Torres Torres: voz solista.
Leoncio Feijóo: coro.
Carlos Gastañaduy: coro.
Victor Said: coro.
Miguel Sánchez de Puga: coro.
Gonzalo Iglesias: coro.
Eduardo Feijóo: coro.
Diego Pazos: coro.

Edición: OUVIRMOS.


Pezas

  1. Foliada da montaña. TRADICIONAL.
  2. Foliada das Rías Baixas. TRADICIONAL.
  3. Cantiga da Ulla. TRADICIONAL.
  4. Foliada de romeros. TRADICIONAL.
  5. Canto de fiada. TRADICIONAL.
  6. Muiñeira coreada das Rías Baixas. TRADICIONAL.
  7. Ribeirana. TRADICIONAL.
  8. Alborada. TRADICIONAL.
  9. Alalá nº1. TRADICIONAL.
  10. Foliada nº1. TRADICIONAL.
  11. Alalá nº2. TRADICIONAL.
  12. Alalá nº3. TRADICIONAL.
  13. Foliada nº2. TRADICIONAL.
  14. Alalá nº4. TRADICIONAL.
  15. Cantiga popular. TRADICIONAL.
  16. Cantar de pandeiro. TRADICIONAL.
  17. Coplas de cego. TRADICIONAL.
  18. Muiñeira. TRADICIONAL.