Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / NORDESTINAS

NORDESTINAS

NORDESTINAS

Xénero:
Voces
Ano:
2006
Discográfica:
Falcatruada

Descrición

Nordestinas é o proxecto musical formado por tres dos músicos máis relevantes da nova escena galega: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful).

As voces de Guadi e Ugia, modelan o repertorio mariñeiro do Norte de Galicia, acercándonos a súa infancia e á música popular transmitida durante xeracións. Todo elo envolto coas armonías contemporáneas, a elegancia e o talento dun dos mellores músicos de jazz da península, o santiagués Abe Rábade.


 Nordestinas foi galardonado co VI Premio Opinión de Música Folk a principios do 2007.

Pezas

01. "Lendas Do Mar" 
02. "Canción Do Leiteiro/Nana De Ordes" 
03. "Montemar" 
04. "Ari Ari" 
05. "Mal De Amores" 
06. "Romaxe A Santo Andrés" 
07. "Habaneira De Ribadeo" 
08. "Falar De Amores" 
09. "Non Sei" 
10. "Cantar Do Val De Viveiro" 
11. "Camariñas" 
12. "Aguinaldo Pandereteiriño"