Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / QUEMPALLOU

QUEMPALLOU

ONCE ANOS MALLANDO

Xénero:
Folc
Ano:
2010
Discográfica:
Zouma records

Descrición

Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Galiza e parte do estranxeiro. O proxecto chamouse Quempallou, palabra sonora cunha historia que contar e que chegou incluso a coller mestiza forza naquel aturuxo en galinglish co que os teñen agasallado @s máis ferventes seareir@s no fragor da foliada: “let’s go, Quempallou!!”.



Unha tropa que tivo que ir mudando por circunstancias naturais, mais que sempre buscou un camiño claro e dereito: a festa e o folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.



Quempallou convídate a compartir estes once anos de camiño a través dunha compilación que da boa conta do que foron, do que son e do que queren seguir a ser. Benvid@ á tropa Quempallou.

Pezas

1.- A Rabuda

2.- Quempallou

3.- Moreniña

4.- Muiñeira do incio

5.- Quen teña Viño

6.- Xan

7.- En que terra me botaches

8.- Os Sucos... Casiquecola

9.- Xota da Relúa

10.- Rosiña... Na Quinta

11.- Que Chova!!

12.- Levados do Mar

13.- Muller Miña

14.- Coa Lingua de fóra

15.- Ninguén!! (Quempa-Hop)

VELLAS NOVAS

Xénero:
Novidades
Ano:
2012
Discográfica:
Zouma records

Descrición

"Vellas Novas" toma forma nunha estética xornalística, é un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influenzas musicais que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena.


O disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan as frautas e sobre todo a voz.

Pezas

1.- Foliada do Viño

2.- Na Habana

3.- O Trestevallo de Murias

4.- Viva a parodia

5.- Unha de xotas

6.- Dáme Lume Clara!

7.- Arrolo da estrela

8.- Soniño sono

9.- Unha de muiñeiras

10.- Candeas

11.- Bailemos con xeito

12.- Eu quero bailar

POLO AIRE

Xénero:
Folc
Ano:
2007
Discográfica:
Zouma records

Descrición

Evolución, madurez, consolidación... seguen na xeira e a dar gherra. Editado no 2007, nel intégrase por fin Xulio Abal coas cordas. Ten como fío condutor a Radio, con diversas sorpresas alusivas entre tema e tema. Conta coa intensa colaboración musical de Pablo da Lama co saxo, Juansi co contrabaixo; e dos Dios ke te Crew, cos que gravaron o primeiro “hip-folk” da historia de Galiza, do que están moi satisfeitos.

Pezas

2. Que Chova!!! (Guillerme Ignacio / Tradicional)          

3. Levados do mar (Roi Maceda)

5. Muller Miña (Tradicional / Roi Maceda)

6. Rumba de Pu (Guillerme Ignacio)

7. Unha nova vida (Roi Maceda )

9. ... un pouco de mel (Fernando Monroy / Guillerme Ignacio. Letra: Fernando Monroy / Tradicional)

10. A Malladora (Roi Maceda)

12. Coa lingua de fóra (Guillerme Ignacio)

13. Muiñeirada - Pasodobre Tropical (Roi Maceda / Pablo López Torneiro)

14. Fandango de Pantín (Roi Maceda)

16. Ninguén!!! (QUEMPA-HOP)(Isaac Millán / Guillerme Ignacio / Dios Ke Te Crew)

18. ... sen ti (Guillerme Ignacio / Roi Maceda. Coplas Tradicionais)

ESTREMONIAS

Xénero:
Folc
Ano:
2004
Discográfica:
Estudo Desfase Sound

Descrición

Quempallou quere falar e tamén dar que falar. Gravan este disco xa nos estudos Desfase Sound de Ourense entre Febreiro e Marzo do 2004. Axudándolle na gravación xente como Óscar Cempés, Tino Baz, Chisco Feijoo ou Xosé Ambás, co que gravaron o primeiro tema cantado en galego e asturiano. Toda unha declaración de irmandade. O seu “single”, “Xan” foi escollido mellor tema do 2004 polo semanario A Nosa Terra.

Pezas

1. Xan (Música: Guillerme Ignacio e Roi Maceda Letra: Rosalía de Castro (adaptación))             

2. En qué Terra me botaches  (Música: Roi Maceda e Guillerme Ignacio Letra: Tradicional/ Guillerme Ignacio) 

3. Os Sucos - Casiquecola  (Música e letra: Roi Maceda Versos: Lourenzo)                                               

4. A gaita de Melchor e Polca para Pucho  (Iván Costa e Ernesto Campos)                                                                                  

5.Canto de serán e Xota da relúa  (Música e letra tradicionais / Música: Guillerme Ignacio Letra: Tradicional, Guillerme Ignacio)     

6.Valseai  (Roi Maceda / Guillerme Ignacio)                                                                                

7.Rosiña... na Quinta  (Música e letra: Xosé Maceda / Música: Alberte de Maceda)
      "...na Quinta da conceiçao adicado a Fernando Távora e ao seu escudeiro, Fernando Barroso"  

8.L.l.ume  (Música: Guillerme Ignacio Letra: Diegu Rodríguez)
      "Dedicáu a L.l.ume ya a tola xente que fai daqué por al.l.umar el mundu"                                

9.Xota da escaleira e Negros  (Tradicionais, do repertorio do Gaiteiro do Piñeiro (Aldán, O Morrazo); e número 320 do cancioneiro de Casto Sampedro)                                                                                                            

10.Ai Rosiña!  (Música: Tradicional, Guillerme Ignacio, Roi Maceda Letra: Tradicional)                         

11.Coplas do mercado   (Música: Tino Baz. Letra: Tino Baz, Guillerme Ignacio)

QUEMPALLOU

Xénero:
Folc
Ano:
2002
Discográfica:
Phonos

Descrición

Primeiro CD, froito por un lado da sua victoria no II Concurso Folk Radio Obradoiro, que lles permitiu gravalo nos Estudios Phonos da Estrada; e por outro lado da disposición da discográfica Zouma Récords para re-mesturarlo e editalo en Maio do 2002. Foi o seu primeiro paso importante neste mundiño da música folk galega; a oportunidade de poder facer que canta xente quixera puidera gozar da música que fan.

Pezas

1. Ruadiña-PaXota(Tradicional - X. Manuel Novas)

2. A Rabuda(Música: Guillerme Ignacio Letra: Guillerme Ignacio / Guillerme Lamosa / Tradicional)

3. Quempallou(Anxo Graña)

4. Paulino N'Asturies (Tradicionais galego e asturiano)

5. Moreniña(Guillerme Ignacio Letra: Guillerme Ignacio / tradicional)

6. Polca da Fonsagrada(Tradicional)

7. Muiñeira do Incio(Xosé Maceda e Roi Maceda)

8. Tango-O Farovello(Descoñecido / Anxo Graña)

9. Historia do Cebreiro - Muiñeira de Forcarei(Tradicionais)

10. Rumbas con Arrós!!(Tradicionais)

BIS Quen teña viño...(Tradicionais)

MAQUETA

Xénero:
Folc
Ano:
2000
Discográfica:
Estudios Sonoro Terapia

Descrición

Primeira experiencia de grabación de Quempallou, nos estudos “Sonoro Terapia” de Michele, -ese punki siciliano!!- que comezaba co oficio alá no vigués barrio de Matamá. Permitiulles acadar no ano 2001 dous premios: o 2º premio no II Concurso Folk “Cuartu los Val.les” celebrado en Navelgas (Tinéu-Asturies); e o 1º premio no II Concurso folk organizado por Radio Obradoiro en Compostela. Este último premio consistiu na gravadión do seu primeiro disco completo nos Estudios Phonos da Estrada e da disposición da discográfica Zouma Récords para re-mesturarlo e editalo en Maio do 2002.