Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

I Congreso de Ensinantes de música tradicional galega


A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega.


Tentando cumprir un dos seus principais fins, a normalización da cultura musical de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), ente que representa non só a gaiteiros, senón tamén a todo tipo de músicos tradicionais, bailadores e demais xente implicada no folclore musical galego, organiza o primeiro congreso de ensinantes de música e baile tradicional.

O I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 18 e 19 de Novembro e vai dirixido a todo tipo de docentes, xente interesada neste tipo de ensino e, especialmente, a estudantes universitarios, para os que a asistencia contará como créditos de libre elección para Universidade de Vigo e está en trámites para a Universidade de A Coruña.



Máis información.


Para descargar o progama e boletín de inscrición faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/programacongreso.pdf

Para descargar só o boletín de incrición en formato word faga click aquí:

http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/inscricion_congreso.doc

Ler mais. I Congreso de Ensinantes de música tradicional galega

 

Homenaxe a Buxaina; 18 de novembro

Información recibida da Asociación Cultural A Buxaina

Dende A Buxaina dámosvos a coñecer o programa da Homenaxe deste ano que é o seguinte:

Como artistas invitados teremos a:

Xabier Blanco

Vai de Roda

Os Carunchos

No apartado da presentación, algo que esta a coller forza no acto, contamos coa inestimable colaboración de Cándido Pazó.

O acto celebrarase no Centro Cultural Caixanova o sabado 18 de novembro as 19:30h.

Lembrarvos que a entrada é totalmente de balde o único que tedes que facer é recollela no Centro Cultural de Coruxo, ou se sodes de lonxe poñervos en contacto con nos Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Enviamosvos un cartel no arquivo adxunto que vos pedimos o imprimades e publiquedes nas vosas respectivas areas de influencia.

Senón che abre o arquivo adxunto preme aquí para acceder o cartel
http://img245.imageshack.us/img245/2982/homenaxewebxw0.gif

Nova tempada de seráns na NASA (Compostela)

Ola, o vindeiro martes, día 17, ás nove e media da noite, encetan na saa NASA en Santiago ás seráns desta tempada.
Os grupos deste martes son:

Gaiteiros do Norte (Fene)
Donaire (A Coruña)
Tataratrío (A Coruña)
Retrouso (A Estrada)

O Fiadeiro, único representante español nun encontro organizado pola UNESCO

O grupo de pandereteiras da A.C.F. O Fiadeiro, de Vigo, vai viaxar a Caracas o vindeiro luns para participar no VII Encuentro para la Promoción y Difusión del Patrimonio Inmaterial de Países Iberoamericanos, que se celebrará entre o 17 e o 22 de outubro en Venezuela. Cidades como Maracay, La Guaira, Tintorera ou a mesma capital venezolana acollen unhas xornadas nas que se van tratar, entre outros temas, os problemas derivados da inexistencia de políticas públicas que permitan protexer, difundir e valorar socialmente as culturas ancestrais.

Organizado baixo os auspicios da UNESCO, o encontro traballará a partir de tres eixos temáticos: as políticas da diversidade cultural; a lexislación sobre o patrimonio inmaterial, e o mercado de bens culturais e o seu consumo. Neste contexto, representacións artísticas dos países participantes desenvolverán unha serie de actuacións programadas co título , nas que vai intervir O Fiadeiro representando a España.

O Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais O Fiadeiro, que ven de participar no Festival Intercéltico de Lorient durante o pasado mes de agosto, é a primeira agrupación galega convocada a un evento destas características. A entidade viguesa, patrocinada nesta ocasión polo Ministerio de Cultura, recibíu a invitación a través do antropólogo e etnomusicólogo Francisco Cruces, profesor titular da UNED, e do etnomusicólogo galego Luis Costa, e a partir de aí comezou a preparar un espectáculo que, baixo o nome de “Galicia. Nós, a Terra Nosa”, inclúe, ademais de cantos e ritmos tradicionais, algunhas pezas de baile que serán executadas por unha parella de bailadores.

O Fiadeiro abre a inscrición aos cursos da súa Escola de Cultura Tradicional

Logo das vacacións estivais, a Escola da asociación O Fiadeiro abre de novo as portas co comezo do novo curso 2006-2007. O día 2 de outubro volven iniciarse as clases, que como cada ano versarán sobre baile tradicional, pandeireta e canto, gaita, percusión tradicional, costura e pasamanerías, guitarra e danzas do mundo.
O Fiadeiro ven de deseñar un amplo abano de horarios para facilitar a asistencia do alumnado: desde as 4 da tarde ás nove e media da noite. Os diferentes turnos pódense consultar na páxina web da asociación, . Desde esta tamén é posible descargar a ficha de inscrición, a cal, unha vez cumprimentada, deberá ser enviada ao enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo . Quen o prefira, pode inscribirse telefónicamente chamando ao número 629 585 355, ou ben acudir ao local da entidade, na rúa Romil, número 3, baixo. Neste último caso, o horario é os luns e xoves de sete e media a nove da noite.
As clases manteñen os prezos do pasado curso, é dicir, 15 euros para os socios e 22 euros para as persoas alleas á entidade. Os socios terán igualmente unha rebaixa na matrícula, que pasará de 18 a 9 euros.
No tocante ao profesorado, está integrado na súa meirande parte por membros do Grupo para a Recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais O Fiadeiro, unha das agrupacións máis senlleiras na recuperación e defensa da cultura tradicional de Galicia. O grupo festexou o seu décimo aniversario o pasado mes de abril coa estrea dun novo espectáculo no Teatro Caixanova, e ven de participar no Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña Francesa, un dos máis importantes dos que se celebran en Europa.

Páxina 458 de 486