Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Primeiro Titulado Superior de Gaita

Hoxe, xoves 21 de Novembro ás 20:00 horas celebrase o concerto de fin de carreira de Xosé L. Miguélez no auditorio "Martín Codax" do Conservatorio Superior de música de Vigo, a entrada é libre ata completar o aforo.

Como xa sabedes é a primeira vez que esto se produce e con este concerto quedan consolidados tódolos niveis de ensino oficial na gaita galega dentro dos conservatorios.

O programa do concerto e o listado de músicos que participan podedes baixalo dende a páxina web www.xlmiguelez.com dentro da sección descargas.

Non podedes faltar.
 

Clases de Zanfona en Lugo

A Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha aulas de zanfona na cidade de Lugo.

Para poder levar a cabo esta actividade a AGG conta coa colaboración da Direción Xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Xunta, e máis co patrocinio do Plan de xestión do Xacobeo, da Consellaría de Innovación e Industria.

Lugar: ”Eixo Garay”,
Horario: Tardes dos xoves de novembro a xuño.
Inscripcións: Asociación de Gaiteiros Galegos 986847074, ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mestre: Luis Correa “O Caruncho”.

Ler mais. Clases de Zanfona en Lugo

Presentación da nova páxina web do Obradoiro Seivane


Ás 20 horas do pasado venres, 3 de novembro, presentouse a nova páxina web do Obradoiro de Gaitas Seivane no Salón de Actos da Fundación Luis Seoane da Coruña. A este acto asistiron máis de 100 persoas, a maioría delas relacionadas con mundo da música popular galega, que chegaron de toda Galicia.

Na presentación estiveron presentes Xosé Manuel Seivane, os seus fillos Álvaro e Xosé Manuel, as súas netas Susana e Sainza, o seu neto Roberto, ademais de Moises Facal, todos eles artesáns que forman parte do Obradoiro de Gaitas Seivane.


Máis información.

Ler mais. Presentación da nova páxina web do Obradoiro Seivane

Asociación cultural A Forna de Budiño. O Porriño.

O vindeiro sábado 25 de novembro, a partir das 9:00 da noite, vai a celebrarse un serán na Asociación Cultural A Forna de Budiño.O Porriño Pontevedra.

Estades invitados a participar no mesmo e tamén a invitar a grupos de amigos e amigas que queiran participar. (Gaiteiros, pandereiteiras, cantareiras ... )

Se o tempo estivera moi agradable o serán celebrarase na terraza da Asociación, ao aire libre. Pero, en caso de que o tempo non fose moi amigable, trasladarémolo ao interior do local que é moi amplio.

Nin que decir ten que durante a celebración do mesmo, estaredes invitados ao que teñamos para comer e beber e para pasalo ben.

Unha aperta.

Novo Traballador na AGG




Despois das entrevistas realizadas ós candidatos e candidatas para cubrir o posto que deixara vacante Sonsoles Martínez na Secretaría da AGG, resultou selecionado Roi Maceda de O Incio (Lugo).



Roi acada gran experiencia na organización e produción de espectáculos, é un gran coñecedor dos recovecos da música tradicional galega actual, e estará á disposición de todos vós de luns a venres no
local da AGG en Pontevedra, na rúa Alfonso XIII número 7, oficina 8 en
horario de 9 a 14 e 15.30 a 19. Tamén no teléfono 986 847074 e no
correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .


Páxina 457 de 486