Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

I CERTAME DE GAITA “AS MARIÑAS” DE BETANZOS.

13.02.07


A Concellería de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Betanzos organiza o I Certame de Gaita "As Mariñas de Betanzos", que terá lugar o 16 de maio de 2007 na Aula de Cultura do edificio Liceo (Betanzos).

Poderán participar todos os gaiteiros e todas as gaiteiras que o desexen, con ou sen acompañamento de percusión tradicional (cun máximo de dous acompañantes). Tanto as gaitas coma a percusión poderán estar afinadas en calquera tonalidade.

Cada intérprete deberá enviar unha gravación con tres pezas:
a tradicional Muiñeira de Piadela, como peza obrigada, e outras dúas de libre elección, cas características que se detallan na base 6.1.

Os premios:

Finalistas: Diplomas e un gravado conmemorativo realizado polo profesor, pintor e gravador Omar Kessel no Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.

Gañador: 2000 Euros.


Descargue as bases premendo aquí.
   

III CERTAME GALEGO DE CANTARES DE REIS

05.01.07

Este Sábado, 6 de xaneiro de 2007, celébrase en Boimorto o III certame Galego de Cantares de Reis e o II Concurso de Recolla de Panxoliñas e Cantares de Reis. Será a partir das 18:00 horas.
A tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva en moitas comarcas de Galiza e este certame ten a intención de conservala e darlle pulo e relevancia. Non vos perdades esta importante cita e disfrutade dunha noite de Reis en boa compaña e coa nosa tradición. Que teñades moitos agasallos!
   

III CERTAME GALEGO DE CANTARES DE REIS

11.12.06

Remitimos información de interese enviada polo concello de Boimorto:

Dándose conta de que a tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva nesta nosa comarca e en moitas outras de Galiza, coa intención de conservala e darlle pulo e relevancia, o Concello de Boimorto convoca para o día 6 de xaneiro do ano de 2.007 o III Certame de Reis.
Asimesmo e co gallo de tentar facéremos un inventario-arquivo das panxoliñas(vilancicos) e cantares de Reis tradicionais que aínda se conservan na memoria das xentes da Comarca da Montaña da provincia de A Coruña e de todo Galiza. Este Concello de Boimorto convoca o II Concurso de Recolla de Panxoliñas e Cantares de Reis.


máis información e Bases do concurso
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=290
   

Fito histórico

22.11.06

O martes 21 de novembro de 2006 tivo lugar un fito histórico no mundo da música de gaita do noso país. Ás 20 horas comezou o concerto de Xosé Lois Miguélez Saínza, no que durante o tempo de duración amosou múltiples posibilidades interpretativas da gaita galega. O programa estivo composto por un abano de ritmos e estilos musicais que permitiron a este virtuoso do instrumento entusiasmar ao público asistente así como, á vista da cualificación, ao tribunal encargado de valorar a súa interpretación.



No concerto, dividido en tres partes, Xosé Lois Miguélez interpretou na primeira delas un alalá, da súa autoría, a ribeirana de Ventosela e Blanca e Negra, do xa clásico Ricardo Courtier. Na segunda, Apaixoada e ‘Arreguiço’ de Paulo González, o estreo do ‘Dúo para gaitas para o primeiro concerto de fin de carreira’ de David Bellas, e a Ghota da Mosca de Ernesto Campos. Na primeira e na segunda parte estivo acompañado por músicos da categoría de David Bellas, Rafa Crespo, Paulo González, Lucía Martínez, e a totalidade do grupo "Anacos de Buxo" (Xurxo Fernández, Pedro Álvarez, Alex Covelo e Ramón Corral).

Na terceira parte, Miguélez executou unha versión para gaita e piano do concerto de Ernesto Campos "Luces do Atlántico. Viaxe ritual por tres faros galegos" na que estivo acompañado por Pablo Diago ao piano.

Só fica dicir que a cualificación outorgada foi acorde coa interpretación: sobresaliente.

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere transmitir a Xosé Luís Miguélez a súas máis sinceras felicitacións e desexarlle unha longa vida de éxitos no mundo da gaita. Parabéns tamén ao mundo da gaita que finalmente ten xa un titulado superior de conservatorio, neste caso o de Vigo no que fai xa algún tempo comezara esta aventura o noso benquerido Enrique Otero Covelo.
   

Resultados do concurso de gaitas de Ponteareas

24.09.06




Esta fin de semana (23-24 de setembro de 2006) ivo lugar unha nova edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas. O sábado 23 tiveron lugar as eliminatorias, decidindo 10 finalistas para a fase final do domingo 24:

Anacos de Buxo de Nigrán
Os Fontesuairas da Coruña
Laghareu de Santa Uxía de Ribeira
Abelente de Ourense
Os estrobos de Ferrol
Rédea solta de Poio
Picuiña de Marín
As ferriñas de Vigo
Albízara de Vigo
Alxibe de Ponteareas



Mais información.
   

Resultados do XVI Contantino Bellón 2006

01.09.06

O renovado Teatro Jofre de Ferrol foi escenario onte, 31 de agosto, do XVI Constantino Bellón que foi conquistado, por terceira vez xa, por Daniel Bellón, igualando, deste xeito o record de Pepe Vaamonde. Os dous accesits de 600 euros cada un foron para o ourensan Pablo Devigo e para o lugués Bruno Villamor malia ter, este último, que cambiar de pallón na metade da súa actuación.
A mención especial 'Gaita de ouro' foi entregada a Alvaro Seivane Magide. A de prata, que estaba concedida a Milladoiro, non foi recollida no acto dado que o grupo atópase de xira. Concedeuse unha medalla de prata, a título póstumo, a Manuel García Pereira 'Lolete', que foi recollida e agradecida polos seus fillos.
A peza 'Amencer en Fisterra' acadou o premio de composición que recolleu o seu autor Ernesto Campos.
Resultou, coma sempre, unha velada plena de gaita e reencontros que demostrou que o do Teatro Jofre é o esceario ideal para este evento.
   

Programa Constantino Bellón 2006

29.08.06

PROGRAMA A DESENVOLVER CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO XVI CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”

DÍAS 30 e 31 de AGOSTO de 2006
no TEATRO JOFRE ás 20,30 horas



Mais información.
   

MENCIÓNS GAITA DE OURO e GAITA DE PRATA do XVI CONCURSO DE GAITA GALEGA "CONSTAN

25.08.06

émolo pracer de comunicar o acordo tomado en Xunta Directiva, referente á Institución das Mencións Honoríficas do Ateneo Ferrolán, nas dúas modalidades de Gaita de Ouro e Gaita de Prata “Constantino Bellón” e a concesión das mesmas, motivo polo cal facémoslle chega-la comunicación e as nosas felicitacións en nome de tódolos compoñentes desta Directiva.

A imposición das citadas Mencións terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo xoves día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XVI Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”,.

O Ateneo Ferrolán ACORDA concede-las Mencións de Gaita “Constantino Bellón” correspondentes ao ano 2006 a:

1) Gaita de Prata
O Ateneo Ferrolán quere render un recoñecemento, concedendo a Gaita de Prata “Constantino Bellón 2006”, ao grupo MILLADOIRO polo seu papel na divulgación e no ensino da música tradicional galega.

2) Gaita de Ouro
O Ateneo Ferrolán acorda concede-la Gaita de Ouro “Constantino Bellón 2006”, a persoa de ALVARO SEIVANE MASIDE como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega.

Así mesmo, ACORDAN condeder a GAITA DE PRATA a título póstumo e de manera especial, a MANUEL GARCÍA PEREIRA, LOLETE, como recoñecemento a súa valía profesional e humana.
   

ACTOS DO XVI CONCURSO DE GAITA GALEGA "CONSTANTINO BELLÓN"

24.08.06

O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XVI Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”

Data: MÉRCORES día 30 de agosto de 2006
Estreno PEZAS gañadoras do Premio de Composición

Data: XOVES día 31 de agosto de 2006
FINAL do XVI Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón

HORARIOS: 8,30 tarde. LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.
   

FALLO DO XURADO AO PREMIO COMPOSICIÓN PARA GAITA GALEGA SOLISTA- XVI CONCURSO DE

22.08.06

En Ferrol, o día 21 de agosto de 2006, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204, o XURADO do XVI Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar
D. Xesús Vaamonde Manteiga

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez analizadas a totalidade das composicións presentadas ó mesmo,

ACORDOU, entregar ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:

ERNESTO CAMPOS CAMESELLA

pola partitura para Gaita e Piano “AMENCER EN FISTERRA”
   

Páxina 16 de 20