Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

V CERTAME DE CANTARES DE REIS NO CONCELLO DE BOIMORTO

11.11.08

Dándose conta de que a tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva na sua comarca e en moitas outras de Galicia, coa intención de conservala e darlle pulo e relevancia, o Concello de Boimorto convoca para o día 4 de Xaneiro de 2009 o V Certame de Reis baixo as seguintes bases:

1) Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto antes do día 24 de Decembro de 2008 (ata un máximo de 20 participantes). Enderezo
Concello de Boimorto
Rúa Vilanova,1
Boimorto 15817
A Coruña
Teléfono: 981 - 516020
Fax: 981 – 516045

2) Interpretarán un cantar de reices cunha duración que non sobrepase os cinco minutos.

3) Establécense seis premios en metálico, con cargo ao futuro orzamento municipal do 2009, que se reparten do seguinte xeito:
- Primeiro premio: 1.000 Euros
- Segundo premio: 800 Euros
- Terceiro premio: 600 Euros
- Cuarto premio: 300 Euros
- Quinto premio: 200 Euros
- Sexto premio: 100 Euros

4) O Xurado estará formado por un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dous musicólogos, dous membros de asociacións culturais que entendan do tema e un representante do concello que actuará como secretario.

5) Ás 16:30 celebraráse o certame seguido do fallo do xurado e entrega de premios. Pregamos a chegada das cuadrillas con antelación.

6) Valoraráse:
* Que sexa un canto de Reis tradicional
* Afinación
* Posta en escea

A participación no certame supón a aceptación destas bases.
   

Premios XVIII Concurso De Gaita Galega “Constantino Bellón” - Ano 2008

01.09.08

O 31 de agosto de 2008, no Teatro Jofre de Ferrol, o xurado cualificador do 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”, integrado por :
* Víctor Fernández Gabeiras
* Xabier Rodríguez Fariñas
* Pablo López Torneiro
* Xoán Rodríguez Silvar
* Xesús Vaamonde Manteiga
e actuando como secretaria sen voto, Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas á final do Concurso, así como a interpretación de tódolos gaiteiros finalistas, acordaron outorgar o Premio SEIVANE, que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” a :

Santiago Agustín Molina

Así como dous accésit de 1.000 € cada un a:

Gonzalo Manuel Abelairas Lemos
Bruno Villamor Gay

Asemade acordou por unanimidade, concederlle o premio único de 3.000 € do 18º Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a:

Pablo Devigo Vázquez.
   

XVIII Concurso de Gaita Galega "Constantino Bellón"

29.08.08

Os días 30 e 31 de agosto celebrarase o XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
Os actos comenzarán o día 30 as 20,30 da tarde e terá lugar no teatro Jofre en Ferrol coa presentación do dobre cd da gravación dos actos do 2007 e a interpretación da peza ganadora do concurso de composición “Constantino Bellón” 2008. O gañador desta edición foi Pablo Devigo Vázquez pola partitura “Bría” para Gaita Solista en Do, Cordas e Piano.
Os finalistas deste premio foron:
Javier María López Rodríguez coa obra “A derradeira sintaxe” para Gaita e Orquestra de Corda.
David Bellas García coa obra “Historia de amor en Bb” para Gaita, Violín e Piano.
Seguirá a actuación da orquesta de cámara e unha cea e reunión de grupos invitados e personalidades

O seguinte día, domingo 31 á mesma hora terá lugar a final do concurso cos seguintes participantes:

1) Santiago Agustín Molina, Arxentina.(Gaiteiro de Soutelo)
2) Isidro Vidal Gallardo,Ourense.
3) Vicente Carlos González Siri, Uruguay. (Gaiteiro de Soutelo)
4) Gonzalo Abelairas Lemos, Ourense.
5) Jordi Torres Piñeiro, Arxentina. (Gaiteiro de Soutelo)
6) Ricardo Mouriño Freire, Ferrol.
7) Daniel Lumbreras Rodríguez, Gipuzkoa. (Gaiteiro de Soutelo)
8) Pablo Devigo Vázquez, Castro Caldelas,Ourense.
9) José Manuel Mojón Pérez, Ourense.
10) Bruno Villamor Gay, Lugo.


*Mención de Gaita “Constantino Bellón” Presentación e Entrega “Gaita de Ouro” 2008 ao programa da CRTVG “ALALÁ” pola súa laboura de difusión e defensa da música tradicional galega.
*Entrega do PREMIO de “Composición para Gaita Galega Solista” punto nº 9 das Bases do XVIII Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a Pablo Devigo Vázquez.
* Entrega aos finalistas : Figura Sargadelos , Diploma Participantes e, como aportación especial para este Concurso por parte da Fundación Pedro Barrié de la Maza , no seu nome Dona Carmela Arias y Díaz de Rábago, faise entrega das reedicións críticas dos Cancioneros editados pola Fundación aos participantes nesta Final.
* Actuación conxunta dos finalistas.
* Lectura fallo do xurado entrega de premios e entrega do premio (punto g) correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo” (Punto 5 das Bases do Constantino Bellón”)

http://www.ateneo-ferrolan.blogspot.com
   

Premio de composición para gaita galega "Constantino Bellón"

18.08.08

PABLO DEVIGO VÁZQUEZ resultou gañador do Premio de Composición para Gaita Galega Solista "Constantino Bellón" pola súa obra “BRÍA” para Gaita Solista en Do, Cordas e Piano. Así o decidiu o xurado formado por D. Víctor Fernández Gabeiras, D. Xesús Vaamonde Manteiga, D. Xavier Rodríguez Fariñas, D. Pablo López Torneiro e D. Xoán Rodríguez Silvar quen tamén acordaron declarar finalistas do concurso a JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ coa obra “A DERRADEIRA SINTAXE” para Gaita e Orquestra de Corda e DAVID BELLAS GARCIA coa obra “HISTORIA DE AMOR en Bb” para Gaita, Violin e Piano.
   

Finalistas XVIII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”

18.08.08

En Ferrol, o día 30 de xullo de 2008, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º , o XURADO do XVIII Concurso de Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por: D. Víctor Fernández Gabeiras, D. Xesús Vaamonde Manteiga, D. Xavier Rodríguez Fariñas, D. Pablo López Torneiro, D. Xoán Rodríguez Silvar e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:

1. Ricardo Manuel Mouriño Freire. Narón – A Coruña.
2. Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas -Ourense.
3. Bruno Villamor Gay. Lugo.
4. Gonzalo Abeleiras Lemos. Ourense.
5. José Manuel Mojón Pérez. Ourense.
6. Isidro Vidal Gallardo. Ourense.
7. Daniel Lumbreras Rodríguez. Guipúzcoa.
8. Vicente Carlos González Siri. Uruguay.
9. Jordi Torres. Arxentina.
10. Santiago Agustín Molina. Arxentina.
   

Pablo Devigo gaña o Trofero McCrimon 2008

05.08.08





Pablo Devigo gañou o pasado sábado, 2 de agosto o trofeo McCrimon no Palacio de Cogresos de Lorient. Alberto Coya foi segundo, diante dos asturianos Pablo Carrera, Marco Antonio Guardado, Hugo Noval, Llorían García Florez, os galegos Pedro Álvarez Fariñas e Pablo Dalama, que empataron no séptimo posto, e a bretona Marie Le Cam.



Foto: Alberto e Pablo no stand de Galicia do Festival Intercéltico de Lorient.
   

Resultado Memorial Manuel Texo

22.07.08

A agrupación Redea Solta, de Castro Caldelas, conquistou onte a undécima edición do concurso de grupos tradicionais Memorial Manuel Texo, que se celebrou na casa dá cultura da parroquia vedresa de Santa Cruz de Ribadulla. Máis dun centenar de persoas acudiron a esta ineludible cita cultural no municipio para ver as actuacións dos cinco grupos de toda a comunidade galega que competían por ser os mellores da tarde.

Cada agrupación, composta por dous gaitas, un tamboril e un bombo, interpretaron dúas pezas, que deberían ter unha extensión mínima de cinco minutos e máxima de oito, xa que, de non ser así, poderían ser penalizados polo xurado, composto por Edelmiro Fernández, Iván Costa e Carlos Do Viso. En canto aos criterios de avaliación, tivéronse en conta factores como a posta en escena, o vestuario, a afinación, a duración ou o ritmo das pezas.

Participaron os grupos Picuiña, Abelente, Anacos de Buxo, Seitura e Rédea Solta. O xurado otorgou os seguintes premios:

1º premio ( 1.100 € ): REDEA SOLTA
2ºpremio ( 500 € ): ANACOS DE BUXO
3ºpremio ( 300 € ): ABELENTE

   

Resultado do Concurso IX Memorial Ricardo Portela

14.07.08

O sábado 12 de Xullo celebrouse unha nova edición do Memorial Ricardo Portela organizado polo Concello de Pontevedra e a Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración da Fundación Caixa Galicia. Unha vez rematada a participación dos grupos finalistas (Erixúa, Retrouso, Os Folerpas, Laghareu, Rédea Solta, Picuiña), o xurado tomou a seguinte decisión:

1º Premio de 1.500 €: Os Folerpas
2º Premio de 900 €: Laghareu
3º Premio de 600 €: Picuíña e Rédea Solta (compartido)

Premio especial Ricardo Portela para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo (600€): Laghareu
Premio especial Seivane-goretex para a mellor interpretación dunha peza en toque pechado (Gaita de Seivane): Os Folerpas
   

I CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS E PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL

02.07.08

O Concello de Padrón, xunto coas Asociacións "O Pedrón" e "Rosalía de Castro" organizan o I Certame de Gaiteiros Solistas e o I Certame de Parellas de Baile Tradicional "Santiaguiño do Monte". Terán lugar o vindeiro 25 de Xullo a partires das 11:30 h. e as 17:00 h. respectivamente, na área recreativa do Santiaguiño do Monte, en Padrón.
O prazo de inscrición para ambos Certames remata o 21 de Xullo. No seguinte enlace podedes consultar as bases de participación e o impreso de inscrición.

Certame de Gaiteiros Solistas

Certame de Parellas de Baile Tradicional
   

V certame de gaitas Manuel Villanueva

09.06.08


O día 7 de Xuño celebrouse en Combarro (Poio), na praza da Chousa, o V certame de gaitas Manuel Villanueva co seguinte resultado:

1º Clasificado: Tentenoaire (na fotografía), formado por Pablo Devigo, Marcos Saburido e Miguel Fraguas.
2º Clasificado: Albor, formado por Pedro Álvarez, Ramón Corral e Alex Covelo.
3º Clasificado: Dotrinque, formado por Carlos Tomico, Óscar Pazos e Carlos Mouriño.

Premio especial Manuel Villanueva: José M López Trío.

O xurado estivo composto por; Pepe Vaamonde, Álvaro Novegil, Andrés Vilán e Roberto Quintillán.
   

Páxina 11 de 20