Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames

Concursos e Certames

V Memorial Antonio Fernández

02.05.16

 oschaneirosA Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín  ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a figura do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres de anos pasados, xa se está a preparar o V Memorial Antonio Fernández, co fin de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

XXVII Concurso de Música Tradicional

14.04.16

xacarandainaA Asociación Cultural Xacarandaina organiza a XXVII edición do Concurso de Música Tradicional que terá lugar o 29 de maio no Centro cultural Ágora de A Coruña.

No acto poderán participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc. nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, e todos os gaiteiros solistas que o desexen.

O concurso consta de tres modalidades:
  1. Pandereteiras ou pandereteiros.
  2. Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.
  3. Gaiteiras ou gaiteiros Solista.

 *Neste Concurso  de Música é obrigatorio o uso do traxe tradicional e cóntase cun tempo límite especificado. De incumplir calquera destas dúas normas os grupos serán descalificados.

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

Queda suspendido o Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas

06.04.16

cancelacionconcursosolistagroveA Concellería de Xuventude do Concello do Grove e a Asociación Cultural Cantodorxo suspenden o Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas por non acadar as inscricións mínimas requeridas e pregan disculpas a tod@s @s que estaban inscritos en dito concurso e que xa tiñan traballado e preparadas as pezas que nos ían mostrar.

Sen embargo, as xornadas de Música Tradicional, dirixidas por Suso Vaamonde seguen adiante. Ditas xornadas son gratuítas e terán lugar o sábado 9 de abril, e contará con Obradoiros de arranxo e montaxe de pezas para gaitas e percusións galegas en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

Mais información en:
   

I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano

05.04.16

i certame gaitas 2016 pepe temprano wO Concello de Bergondo convoca o I Certame de Gaitas homenaxe ao gaiteiro Pepe Temprano.

O I Certame de gaitas "homenaxe a Pepe Temprano" terá lugar no Centro Sociocultural A Senra (Bergondo) o día 17 de maio a partir das 18.00 horas. A interpretación no concurso constará de dúas pezas de libre elección que no seu conxunto non poderán exceder o tempo máximo de 8 minutos. As pezas poderán ser tradicionais galegas ou de autor, sempre vinculadas á música tradicional galega e idóneas aos instrumentos cos que se interpretan.

 (Para ler a nova completa clic no título)

   

IX Concurso de Música Tradicional

02.09.15

cartaz concurso luouUn ano mais, a A.C. A Mámoa de Luou - Teo organiza o Concurso de Música Tradicional.

A data na que terá lugar o evento será o vindeiro 25 de Outubro de 2015 no Edificio Social de Luou.

Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigurosa orde de inscrición, realizándose fase eliminatoria ou directamente fase final dependendo do número de grupos apuntados.

Bases do concurso.

Folla de inscrición.

   

Cinco bandas pasan á final do FestiGal

04.05.15

concurso festigalO I Concurso de Novos Valores FestiGal 2015 xa ten finalistas a cinco bandas no que os seus vídeos obtiveron maior número de compartidas a través da páxina de Facebook do festival. As formacións musicais Seisporoito, Maianas, Panghea, Coso Carnóbrigo e Miguel Alonso, pasarán á final e o grupo gañador decidirase a través dun xurado conformado pola comisión organizadora do evento.

A banda gañadora actuará no palco de concertos da vindeira edición do FestiGal, na noite do 24 de xullo de 2015, e recibirá unha dotación económica de 300 euros.

O FestiGal é unha referencia das novas tendencias e camiños da música galega e nesta edición estivo presente unha ampla representación de estilos que pasaron polo folk, pop, música de autor, death metal melódico, rap, pop-rock, festa, comedia e música de cámara, entre outros.

O I Concurso de Novos Valores FestiGal 2015 pretende servir de plataforma de difusión de música en galego e vén de recibir a distinción como mellor festival galego nos Premios Martín Códax.

http://culturagalega.gal

   

Gañadores do concurso de Xoves Gaiteiros Solistas

23.03.15

concurso-xoves-gaiteiros 1premio

Durante a fin de semana a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolleu as III Xornada de Música Tradicional, o sábado con obradoiros de pandeireta e canto tradicional, dirixido por Davide Salvado O Manso, pandereteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega. O domingo foi a quenda do III Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove, no que participaron dez parellas, dirixido a xoves gaiteiros nados entre os anos 1991 e 2001. Pola mañá os concursantes tiñan que interpretar durante un máximo de tres minutos unha peza obrigatoria: a Xota de Forcarei. Xa pola tarde, a partires das 18.00 horas, os concursantes, vestidos con vestiario galego tradicional, interpretaron unha peza tradicional de libre elección. Ao remate os compoñentes do xurado que foron os mestres, Iván Costa e Francisco Estevez, máis Ramón Vázquez Acha, O Chilro, outorgaron os seguintes premios:

1.º premio de 500 euros: Laura López Suárez e Santiago López Suárez, que interpretaron no tema libre A Maruxa, xota de Serxio.
2.º premio de 300 euros: Lois Prado Fernández e David Riveira Otero, que interpretaron no tema libre a Foliada de Verducido.
3.º premio de 150 euros: Xiana Teixeiro Rey e Marina Fernández Vigo, que interpretaron no tema libre Ribeirana de Mondoñedo, pasodobre xota de Serxio.
Premio ao mellor acompañamento de 150 euros, David Riveira Otero.

As xornadas e o concurso foron organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Alfredo Bea, o mesmo estivo presentado por Juan Antonio Aguín, presidente da Asociación Cultural Cantodorxo, e os premios foron entregados polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín.

Ver video

http://www.todogrove.es

   

Finalistas dos XIV Premios Opinión

13.03.15

premios-opinionSete propostas musicais acharon un lugar entre os tres apartados que se outorgan nos galardóns creados hai catorce anos polo xornal "La Opinión" para salientar o labor dos artistas galegos con ligazóns á música de raíz. Este ano o traballo 'Gatuxo', dirixido ao público infantil e asinado por Magín Blanco, logrou situarse nunha posición de privilexio ao ser unha das catro propostas finalistas como mellor álbum do ano, algo que nunca acontecera cunha obra desas características. Tampouco se salientara o labor dun coro ata que este ano se escolleu como finalista a Pablo Rial, director do Coro Tradicional Cantares do Brión

Resulta de agradecer que o panorama musical galego da música de raíz ofreza diversas propostas de interese que provoquen que exista unha renovación nas candidaturas elixidas polos sete membros do xurado nesta décimo cuarta edición.
A única que xa sabe o que é estar entre os finalistas do premio, e gañalo como compoñente de Berrogüetto, Nordestinas, Espido e coa súa ópera prima como solista, é a valiosa Guadi Galego, un nome sobranceiro na música do país.
O seu novo paso en solitario é unha obra con varias derivas estilísticas na que exerce claramente como unha cantautora que se move con soltura en diferentes rexistros servidos con esa personalidade musical que tan ben coñecemos. A cedeirense fai pleno, xa que logrou tres candidaturas, entre elas a de mellor canción con Mergullei, que foi o tema que escolleu para que fose o adianto nas redes sociais do seu álbum.

Seguir lendo...

   

XI Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere

11.03.15

concursotequexeteldereCo fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, Tequexetéldere convóca o XI Concurso de Baile Tradicional. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

BASES

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 10 anos.

-Categoría B: de 10 a 12 anos.

-Categoría C: de 12 a 16 anos.

-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.

O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.

Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....

Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.

   

Concurso 10º aniversario BellónMaceiras

11.03.15

 concursobellonmaceirasDende BellónMaceiras queren que participes de forma directa no seu PRÓXIMO DISCO e por iso pídenche que elixas unha canción para o seu novo cd, un traballo moi especial que conmemora o 10 ANIVERSARIO como dúo.
Se queres participar manda o título do tema, unha partitura ou unha gravación da melodía que che gustaría que gravásen. As composicións poden ser xa coñecidas ou unha composición propia. O tema debe seguir a liña de BM: tradicional, fusión ou celta.
Para participar podes enviar as túas suxestións por Facebook, Twitter ou ao email Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Entre todas as cancións recibidas seleccionarán o tema gañador. O nome do gañador será incluído nos títulos de crédito do novo CD e recibirá un lote de discos de BM.
Data límite de recepción de propostas 22 de marzo.

www.bellonmaceiras.com

 

   

Páxina 1 de 20