Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios

Varios

O Proxecto Pesquedellas no vindeiro Recuncho da Palleta

31.10.19

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Carme López entrevistará ás integrantes do proxecto pesquedellas, un grupo de xoves betanceiras que están a realizar labores de investigación a través de entrevistas e visitas a diferentes persoas relacionadas coa música tradicional (informantes, mestres...) para coñecer as súas vivencias e podelas compartir e divulgar.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

   

Xornadas de Percusión Tradicional AGG - Betanzos - 17 de novembro

30.10.19

 

cartaz x.percusionemuf - copiaA AGG organiza o vindeiro domingo 17 de Novembro en Betanzos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de Percusión Tradicional que terán de  protagonistas ás percusións miúdas pola mañá,  e ao pandeiro redondo ou de paus e os toques de leghón pola tarde.

Os obradoiros estarán impartidos por expertos no mundo da percusión como Francisco Estévez “Chuco”, María Vidal e Xandre Outeiro.

PROGRAMA:

Domingo 17 de novembro

  • 10.30 - 13.30 horas – Obradoiro “Percusións miúdas” - Imparte: Francisco Estévez “Chuco”

Xantar

  • 16.30 - 18.00 horas – Obradoiro “O Pandeiro redondo ou de paos. Toques e melodías”- Imparte: María Vidal
  • 18.30 – 20.00 horas – Obradoiro “Os toques de leghón nas añas do Condado- Paradanta” – Imparte: Xandre Outeiro

LUGAR: Sede da Escola Municipal de Folclore de Betanzos (EMuF) – Centro Cultural San Francisco ( R/ Cabildos S/N – Betanzos – A Coruña)

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG e os alumn@s da EMuF, que disporán ata o mércores día 13 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
 
Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!

 

   

Esta semana a Xuntanza de Gaiteir@s no Recuncho da Palleta

25.10.19

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Ramón Dopico nos presentara a XXXI Xuntanza de Gaiteir@s, na que este ano se homenaxeará ao grupo "La Musgaña" .

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

O serán desta aldea: "Cernadela" no Recuncho deste domingo

18.10.19

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Guillerme Inácio nos trae todos os detalles que comprenderá O SERÁN DESTA ALDEA: "CERNADELA". Xornada do Baile Comunal que terá lugar o vindeiro 3 de novembro en Mondariz.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

Ritmos e xéneros da música de tradición oral galega no vindeiro Recuncho da Palleta

11.10.19

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, estreamos como recuncheira a Carme López, que nos falará de "RITMOS E XÉNEROS DA MÚSICA DE TRADICIÓN ORAL GALEGA", a nova materia que imparte na Tradescola, e unha das novidades que trae este curso!!

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

   

A XXI Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas no vindeiro Recuncho da Palleta.

04.10.19

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero achegaranos un ano mais ata o San Froilán e amosará unha gran colleita de sons da XXI Mostra de Música Tradicional que ten lugar no Domingo Das Mozas das Festas do San Froilán en Lugo.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Gaiteiras compositoras no vindeiro Recuncho da Palleta

27.09.19

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Xaime Estévez achegaranos a primeira entrega duns especiais dedicados ás gaiteiras compositoras, amosando o papel fundamental da muller no folclore tradicional.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

27.09.19

 

xxi mostra msica tradicional domingo das mozas aggA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza co patrocinio do Concello de Lugo a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas o vindeiro domingo 6 de outubro, mostra que contará coas actuacións de 17 grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son: A Gaita de Sarandón (Vedra), A Requinta de Xián (Boqueixón), Boudebou Gaiteiros (Comarca do Salnés), Cántigas e Frores (Lugo), Faiscas de Solobeira (Cambados), Gómes Mouro (Ourense), Lagharteiras (Vigo), Os Estrobos (Ferrol), Os Monifates (Comarca da Barbanza), A Volta do Agro (Lugo), Pandeireteiras de Amigos da Gaita (Ribadeo), Pandeireteiras de Ultreia (Santiago), Pandeireteiras Ergutío (Baños de Molgas), Par de par (Ourense), Río de Anxo (Rianxo), Tumba e dalle (Barreiros) e Lagharteiras (Vigo)

Pola mañá os grupos sairán dende a Porta do Campo Castelo ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas. Nese momento continuaremos gozando da música tradicional na Praza de Santa María, xa que este ano, nesta XXI Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional cos concertos de  Maraghotas ás 18.30 horas e o concerto de Lagharteiras as 19.30 horas!!!!

Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s  xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

Esperámoste en Lugo o vindeiro domingo día 6 de outubro para desfrutar coa nosa música tradicional !!!!

 

   

VII Festa da Afirmación e a Dignidade

20.09.19

festaafirmaciondignidadeA Irmandade Manuel María e a Asociación Xermolos, organizan este sábado 21 de setembro, coa colaboración do Concello de Meira, a VII Festa da Afirmación e a Dignidade no Pedregal de Irimia.

O programa comezará ás 12.00 horas coa lectura do Manifesto por Baldomero Iglesias "Mero", e dos comunicados de varios colectivos: representantes da Irmandade Manuel María, representante de Adega, representante dos presos independentistas galegos, representante da Asociación Avelino Díaz e outros colectivos.

Realizarase a entrega das "Mans de Irimia", obra do creador Manuel Pardo López, “ao distinguido amigo e profesor do entendemento desde a palabra e para os feitos; D. Isaac Alonso Estraviz". Fará a memoria e recoñecemento Bernardo Penabade.

A título póstumo a recibirá Santi Caneiro, “construtor de tantas melodías e soños, amigo que recentemente foi navegar outras nostalxias”, do que fará unha memoria do seu labor e merecementos Mero. O premio recolleranno a súa compañeira e a filla María.

A parte musical correrá a cargo do Grupo de Gaiteiros do Padroado de Cultura Concello de Narón. 

Non faltará o xantar popular, ás 14.00 horas. Os interesados en asistir deben inscribirse.

Finalmente, ás 16.30 horas rematará a programación cos recitais de música e poesía, na Praza do Convento de Meira, a cargo das Pandereteiras Nove Ferreñas de Meira, Cantareiras Sócratas e outras agrupacións musicais.

   

V Festa do Pan de Millo e Ovo

19.09.19

Efestamillo1ste fin de semana a A.C. Foula organiza a "V Festa do Pan de Millo e Ovo" na parroquia de Tenorio (Cotobade).

   

Páxina 1 de 238