Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

II ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA

Os días 1, 2 e 3 de xuño celebrarase en Poio o II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Entre as actividades organizadas destacan: relatorios, o IV concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, xuntanza de gaiteiros e moitas mais novidades que podedes consultar neste nova. Non vos esquezades de acudir e participar da nosa música tradicional.

Actividades do encontro

Ler mais. II ENCONTRO DE GAITEIROS MANUEL VILLANUEVA

 

OBRADOIRO DE REGUEIFA

A asociación Cultural Algaravía xunto coa Esmorga organiza o vindeiro xoves día 19 de abril un Obradoiro de Regueifa. Ahí van os datos:

Día: xoves 19 de abril
Lugar: A Esmorga (Ourense)
Horario: de 22:30 a 12:00
Imparte: Luís Correa "O Caruncho"
Entrada/ Inscrición: 3€

Queremos volver a recuperar unha das tradicións máis divertidas e creativas que, ata fai ven pouco, era bastante habitual que xurdiran espontáneamente os xoves de Comadres e Compadres do Entroido ourensán.

Para elo, contaremos cun dos mellores improvisadores ou regueifeiros da Galiza: Luís Correa "O Caruncho" que empezará dando unhas nocións teóricas sobre os segredos das cuartetas, as rimas e a improvisación para pasar, de seguido, á parte práctica, pois non hai mellor aprendizaxe.

Animádevos a sacar o voso lado máis poético, inspirador, humorístico, retranqueiro ou irónico.

¡Esperámosvos!
 

XORNADAS DE DEBATE - CARA A UNHA INDUSTRIA MUSICAL GALEGA

Estas xornadas celebraranse o 10 e 11 de Abril no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela.
Nun momento coma o actual, no que a industria da música está vivindo importantes cambios que afectan aos modelos de creación, produción, distribución e recepción convencionais durante as últimas décadas, semella necesario analizar conxuntamente, desde os ámbitos público e privado, cales son os retos inmediatos que vai ter que enfrontar o sector da industria musical en Galiza.

Neste sentido, tanto a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural coma o IGAEM están a levar adiante unha serie de accións de apoio ás músicas producidas en Galiza, accións coas que se desexa construír un novo escenario de colaboración e confianza co sector que permita xuntar esforzos e definir liñas estratéxicas para o desenvolvemento do mesmo.

O acceso á estas Xornadas será libre e gratuíto, dentro do límite de prazas da Sala Mozart do Auditorio (250). O acceso ás mesas de traballo, pola contra, será restrinxido até completar as 25 prazas da sala de reunión: a Sala Circular do Auditorio de Galiza. Así pois, se vostede está interesado/a en participar nalgunha das mesas de traballo propostas, pode consultar o programa e encher o formulario que se achega e facérnolo chegar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do 4 de abril de 2007. Non se admitirán máis de dúas persoas por empresa e a admisión farase por estrita orde de chegada do formulario.

Programa das xornadas

Ler mais. XORNADAS DE DEBATE - CARA A UNHA INDUSTRIA MUSICAL GALEGA

   

O FIADEIRO - XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

A fin de semana do 10 e 11 de Marzo, O Fiadeiro celebrou a súas VI Xornadas de Portas Abertas no novo local da Rúa Pombal. Houbo cursos, seráns, recuperación, transmisión e moita diversión para todo ó mundo.

O Sábado 10 de Marzo dende as 11 da mañá ata as 8 da tarde puidemos iniciarnos no mundo da percusión,coñecer as danzas do mundo, etc. e o Domingo 11 de Marzo tamén tivemos un día moi ocupado con, entre outras moitas cousas, xogos tradicionais, actividades relacionadas co canto e baile, e a festa inaugural do novo local do Fiadeiro.

Toda a información a encontraredes no programa das xornadas que podedes consultar aquí. Non vos esquezades e animádevos a participar.

Programa das xornadas
 

Xa Ven o Entroido!!!

Se Aínda non tedes claro onde pasar o entroido, aquí tedes unha lista ben interesante de Entroidos en Galiza, cos días máis importantes de cada un.


Lista de Entroidos

Ler mais. Xa Ven o Entroido!!!

   

Páxina 521 de 529