Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

Varios

Ruada en Cabaleiros



Dende a Asociación Cultural Brisas do Quenllo queremos convidarvos á Ruada que organizamos en Cabaleiros o sábado 17 de Abril, na Sala Calviño a partir das 22:00.

















 

Castelao, a derradeira lección do mestre



O Museo Provincial de Lugo innaugura unha exposición adicada a Castelao, baixo o título de "A derradeira leccióndo mestre...". O axto que abrirá o evento terá lugar o día 14 de Abril ás 20:00 horas.


Con exta exposición preténdese evidenciar a esencia da súa arte, da súa obra literaria, do seu pensamento e da súa vida dedicada a esta terra. Esta exposición, non só suporá unha homenaxe a unha vida e un traballo continuado de entrega inigualáble a Galiza, senón que tamén será un convite para que siga estando vixente, como exemplo, para as galegas e galegos de hoxe.



 

V Foliada de Cerqueda

A Asociación Cultural Raigañas ten o pracer de invitarvos á V Foliada que se celebrará en Cerqueda o sábado 27 de marzo a partir das 10.30 da noite.

Ó igual co ano pasado a Foliada terá lugar nas Escolas das Pozacas debaixo dunha gran carpa. Haberá comida e bebida para quen desexe cear alí e a festa estará amenizada polo grupo de música tradicional “Tombalobos Orquestra” que nos deleiteará coa súa música para que pasemos unha noite entretida e divertida. Ademáis subrián ó escenario todos aqueles grupos que queiran tocar por libre. E a partir das 3.30 da mañá actuará o artista Manolo Delfín alias “Pixitas de Muxía” que fai versions moi deivertidas de cancións actuais.

Para nós será un pracer contar con vós ese día, ¡NON FALTEDES, NON VOS ARREPENTIREDES!

Asociación Cultural Raigañas
Cerqueda-Malpica.
   

A 18ª edición das "Noites de Tasca"

A 18ª edición das "Noites de Tasca" celebrarase en Mesía (A Coruña) o vindeiro venres 26 de marzo no Bar Quique (fronte a igrexa).

Actuará Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde (Ordes) e os membros da Escola de Música Tradicional de Mesía.

E despois, Foliada toda a noite con participación aberta a todos.
 

XORNADAS ADICADAS AO TRAXE TRADICIONAL NA TRADESCOLA



A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, ven de organizar unha exposición de traxes tradicionais galegos que se poderá visitar na sala de exposicións do Complexo Residencial Xuvenil LUG II de Lugo a vindeira semana.
Nesta exposición, que está formada por un total de 20 traxes da colección de Alberto Golpe, poderemos ver a diversidade do traxe tradicional galego e a súa riqueza etnográfica.

En concreto, na exposición poderanse observar catro traxes antigos femeninos de cerimonia de Betanzos, Meira, Cedeira e A Ulla, un traxe antigo montañes de Vilalba, tres reproduccions de traxes de cerimonia de muller de Bergantiños, Muros e Amaia, oito reproduccions de traxes montañeses de muller de Portomarin, Muras, Carballedo, Monterroso, Mesia, Abadin e Sarria, e catro traxes de home montañeses e de cerimonia, todos eles traxes completos, con calzado, complementos e adornos propios do vestir doutro tempo.

A maiores da exposición, o venres día 26 de marzo ás 18.30 h. terá lugar unha charla coloquio onde Alberto Golpe explicará aos asistentes a orixe e evolución histórica de cada unha das prendas e dos seus complementos, os seus materiais en función dos labores típicos, dos costumes, e da tradición ou condicións socioeconómicas da cada zona.

Estas xornadas están enmarcadas dentro dun conxunto de actividades realizadas pola Tradescola, co propósito de acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación. A AGG mostra así a súa inquedanza por manter a riqueza da vestimenta tradicional e conservar así esta parte da nosa cultura.

Ésta exposición permanecerá aberta dende o día 22 ata o día 28 de Marzo do 2010 en horario de tarde no Complexo Residencial Xuvenil Lug II, na Rúa Pintor Corredoira nº 4 de Lugo. A inauguración terá lugar o vindeiro martes 23 de Marzo ás 20.00 horas.


   

Páxina 480 de 529