Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía

Discografía

Pradairo presenta novo disco: Pateado

17.01.11

Desde o seu nacemento no outono de 2006 o grupo Pradairo adicou a súa andaina a afianzar paso a paso unha liña musical propia. Así comezou na primavera do ano 2007 gañando o certame de música folk Radio-Obradoiro, gravando máis tarde o seu primeiro disco (Aliaxe), e acadando o segundo posto no concurso de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient 2009.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Presentación do Disco de Freixo

07.01.11

 

O vindeiro día 15 de Xaneiro as 19h terá lugar a presentación do disco de Freixo na casa na Casa Dopeso nas Pontes.

Ademáis de contar coa presencia deste ilustre gaitero de 92 anos (Manuel Vicente Castro Fernández) como artista principal tamén estarán colaborando o dúo Bicarelo formado por Alfonso Cheda e María Xosé López (dúas zanfonas e dúas voces).

   

Mercedes Peón presenta "SÓS" en Santiago de Compostela

10.12.10

O vindeiro Martes 14 de Decembro ás 12:30 horas Mercedes Peón presentará o seu novo disco "SÓS" na CGAG Centro Galego de Arte Contemporanea situado na Rúa de Valle Inclan, s/n

Mercedes realizará un Showcase en Directo


   

Luar na Lubre afonda na lírica medieval no seu disco ‘Solsticio’

10.12.10

Fotografía de Luar na lubreO grupo ponlle música no álbum a composicións de Afonso X, o Sabio e de Martin Códax e ofrece tamén temas propios
O grupo Luar na Lubre presentou na Fnac da Coruña o seu novo disco Solsticio, un álbum no que a lírica medieval galego-portuguesa conta con gran peso. “Neste traballo recollemos 15 cancións e a metade delas son composicións dese rico patrimonio literario. Aquí, en Galicia, non se está a cultivar o suficiente mentres grupos doutros países como Alemaña ou Italia se están a fixar na nosa tradición medieval”, sinalou o músico Bieto Romero durante a presentación de Solsticio.
Luar na Lubre recupera así cantigas de Martin Códax ou de Afonso X, o Sabio como tamén varias composicións tradicionais para constituír unha pequena mostra desas composicións históricas. “A lírica medieval galego-portuguesa é inmensa. Non é fácil seleccionar. Tiñamos mil partituras para escoller e ao final quedámonos coas que saen no disco. Estas composicións son u­nha fonte inesgotable para o futuro e non só para nós, senón para todos”, explicou Bieito Romero.
Pese a recuperar estas composicións históricas, Luar na Lubre busca proporcionarlles as esencias do seu son. “Nós non somos un grupo de cámara, nós achegámoslles o noso estilo propio. Nalgunhas mantemos a instrumentación e os rexistros vocais da época medieval, pero noutras empregamos guitarras eléctricas”, adianta o voceiro do grupo galego.
Con este Solstiticio, Luar na Lubre pecha un ciclo conformado por dez discos dende a publicación do seu célebre Plenilunio, disco co Luar na Lubre. que acadou o éxito internacional. Entre ese disco e o último, a formación foi mudando paulatinamente o seu estilo. “Houbo u­nha evolución de moito percorrido. Partimos dese punto no que asinamos con Warner Music para Plenilunio. A partir de aí houbo un paso adiante en cada disco. Con cada novo disco, fixemos o mellor traballo indo sempre máis alá”, explicou Bieto Romero.
Os oito compoñentes de Luar na Lubre iniciarán en xaneiro unha nova xira de presentación por todo o estado. Esa xira inclúe un total de vinte citas e está previsto que o Teatro Rosalía acolla o 16 de decembro o concerto que o grupo ofrecerá na Coruña. Non obstante, Luar na Lubre pretende ir ao redor do mundo para presentar este novo disco. “Percorremos máis de 26 países dende que formamos o grupo. Sempre é unha honra ser embaixadores, pero quédanos un lugar que queremos visita: Australia. Sería un soño actuar tamén aló”, recoñeceu en nome do grupo Bieto Romero.
A presentación do disco Solsticio incluíu a interpretación en directo de varios temas na Fnac da Coruña. A xornada de onte serviu de aperitivo para a xira de actuacións que o grupo fará para presentarlle ao público o seu novo traballo.

www.xornal.com

   

Novo disco de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

09.12.10

Guillerme Fernández e Xabier Díaz, membros de Berrogüetto, editan este disco composto por once cancións, no que recollen nanas tradicionais e outras de nova creación.

“Convidámosvos a durmir”. Esta é a invitación que incluirán Xabier Díaz e Guillerme Fernández no seu novo disco, Arrolos de Salitre, onde contan coa participación de oito artistas emerxentes galegos, os cales cederán as súas voces a estas cancións construídas dende a tradición ou empregando a mesma como materia prima para a súa elaboración.

Ademais, o disco incluirá 10 textos de diferentes autores como Carlos Rivero, Xabier Díaz ou unha selección de coplas de tradición oral extraídas do Arquivo de Salitre. Xunto a estas oito voces, as guitarras de Guillerme Fernández e o acordeón e percusións de Xabier Díaz, en Arrolos de Salitre participarán outros artistas como Quim Farinha, Pedro Lamas e Suso Iglesias.

   

Presentación de "Na Punta do Pé"

09.12.10

O vindeiro 11 de decembro de 2010 ás 12:30h presentación do libro-disco-dvd "Na Punta do Pé", primeiro traballo do grupo Pesdelán na Biblioteca Ánxel Casal en Santiago de Compostela.
Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."

   

Presentación de "Na Punta do Pé"

25.11.10

Pesdelán presenta o seu primeiro traballo titulado "Na Punta do Pé" no Culturgal o domingo 28 de novembro as 17h no cuarto dos nenos situado no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Este libro-CD-DVD  anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal.

   

"XXI", o novo traballo discográfico de Noitarega

10.06.10

Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto),

   

PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO DE PRADAIRO: PATEADO

02.06.10

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

   

Presentación do novo disco de Pradairo: Pateado

27.05.10

Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volta cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. Pateado é a reafirmación das nosas músicas como punto de partida irrenunciable para chegar a unha proposta musical diferente coa que nos poidamos sentir identificados.

   

Páxina 3 de 6