Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Discografía

Discografía

Noitarega presenta novo traballo

04.04.11

O vindeiro sábado 9 de Abril no Auditorio Municipal de Vigo a partir das 21:00 h, o grupo de música tradicional Noitarega presentará ao vivo "XXI", o seu último traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus máis de 21 anos de carreira. 

Formado en 1989, Noitarega está considerado como un dos máis relevantes grupos da música tradicional galega, tendo ofrecido actuacións tanto por todo o territorio español (Expo 92 de Sevilla, Palau de Congressos de Montjüic de Barcelona, Festival Internacional de Mérida, Teatro Caixanova de Vigo, etc) como en diversos países como Portugal, Francia ou os Estados Unidos, compartillando palco con artistas da tallaxe de Luar na Lubre, Berrogüetto ou Susana Seivane, entre outros.
 

   

Doa volve con novo disco

21.03.11

Doa, banda veterán do folk galego e fóra da primeira liña do palco nos últimos anos, aínda que non inactivos completamente, sacarán o seu vindeiro album “A fronda dos Cervos” no mes de abril. No 2009 o grupo DOA incorporou ao seus últimos integrantes que completan a formación actual: Susana de Lorenzo (voz) e Ósca Fernández (sanfona) sumados aos históricos Xoán Piñón, Bernardo Martínez e Xaquín Blanco. 

 

   

Presentación do disco "Amable" da arpista Marta Quintana

25.02.11

A arpista Marta Quintana presentará o seu novo disco “Amable” na e-Trad o próximo venres 4 de marzo
Galega de nacemento e viguesa de adopción formouse como arpista na Emao con Rodrigo Romaní, do que segue a ser alumna na e-Trad. Diplomada en Graduado Social pola USC e Diplomada en Educación pola USC coa especialidade de música. Estudou no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela. Foi membro do Orfeón Terra A Nosa, do Coro Universitario da USC, e de Camerata ad Libitum, entre outras organizacións corais, coas que participou en gravacións discográficas (mesmo colaborando con Julio Iglesias no CD” Mi vida grandes exitos”,1998). Formou parte do duo Sete Saias co que realizou un traballo discográfico (2006). Como Arpista e cantante compartiu esceario con Budiño, Mercedes Peón, tocando para o Xacobeo, Consellería de Educación (MUPEGA),Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Mos, Vilagarcía,Vigo…
(Prema no títula para ver a nva a o completo)

   

SOS de Mercedes Peón segue dando que falar

22.02.11

SÓS, o cuarto traballo discográfico de Mercedes Peón, chegou ao número 1 da WMCE (World Music Charts Europe), a lista das Radios Europeas, elaborada por 47 xornalistas de 25 países que teñen programas nas radios públicas de toda Europa.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

`Alborada do Brasil´, de Carlos Núñez, premio da crítica en Alemaña

17.02.11

O galardón premia algúns dos traballos musicais de gran calidade publicados no primeiro cuadrimestre do ano, no que foi incluído o traballo de Núñez.

O músico galego Carlos Núñez acaba de finalizar unha xira por Alemaña e Suíza que lle levou a dar trinta concertos nos que presentou o seu último álbum, Alborada do Brasil. A música do gaiteiro non só cativou en directo, senón tamén en disco, xa que o seu cedé foi distinguido co Premio da Crítica alemá, que o cualificou de «obra artística excepcional». O galardón premia algúns dos traballos musicais de gran calidade publicados no primeiro cuadrimestre do ano, no que foi incluído o traballo de Núñez.

Alborada do Brasil terá continuidade nun novo proxecto, o documental O Soño do Brasil, que se estrea dentro dun mes, e que supuxo catro anos de traballo. Ademais, segundo informou o representante de Núñez, pouco despois darase a coñecer a música que gravou para o Grupo Corpo, un dos mellores ballets contemporáneos de América Latina, e que dedicou o seu espectáculo ás cantigas de Martín Codax.

La Voz de Galicia

   

Quempallou presenta "Once anos mallando"

10.02.11

O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de festa enriba dos escenarios cunha recompilación co mellor da súa discografía. Cinco cortes de cada un dos seus discos que fan que quen escoite este Once anos mallando (Zouma Records 2010), se poida facer unha boa idea do espírito e a evolución do grupo. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

A Música Medieval en Ourense

09.02.11

Acábase de editar A música medieval en Ourense, a reconstrución dun patrimonio musical do século XV con investigacións sobre as partituras e a gravación dun disco sobre antigos códices. Facémonos eco desta nova aparecida na web cultura galega.org onde se poden escoitar tracks deste traballo. Como é sabido, na Idade Media a música supuña unha parte fundamental da liturxia católica en todo o occidente europeo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Novo traballo do grupo Leña Verde

07.02.11

O grupo Leña Verde, relacionado coa Asociación Cultural homónima acaba de editar o seu terceiro traballo discográfico  A Contratempo artesanía musical con temas tradicionais e de autor creados e arranxados seguindo as liñas do folk e da música patrimonial galega.

(Para ler a nova ao completo prema no título)

   

As galego-belgas Ialma presentan 'Simbiose'

03.02.11

Cinco mulleres belgas de raíces galegas que levan dez anos facendo música de raíz aberta a todas as tendencias. Agora presentan 'Simbiose', un traballo para o que contaron con moitas colaboracións artísticas.

Ialma ten en Bélxica o seu lar. Alí emprenden os seus proxectos e con distintas entregas levan dez anos de traxectoria que agora queren transportar e simbolizar nun traballo que indisimuladamente titulan Simbiose. A súa década de vida artística e musical amplíase nunha homenaxe a artistas, lugares e disciplinas artísticas propias do país. Todo un monllo que afina e concreta para esta ocasión boa parte da historia do grupo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Presentación do disco de "A Subela"

26.01.11

 

O vindeiro domingo 30 de xaneiro as 19:30h terá lugar a presentación do cd do grupo de música tradicional "A Subela" do Liceo de Noia, no salón de actos de dita Sociedade (Noia - A Coruña).

   

Páxina 2 de 6