Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

AGG

Centenario do nacemento de Ricardo Portela, O Gaiteiro de Viascón

portada librorp_2ed_webTal día coma hoxe, 4 de novembro de 1920, estaba a nacer en Viascón (Pontevedra) o que sería un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX. Un cento xusto de anos despois, está a punto de ver a luz, tamén en Viascón, na súa “Casa da Gaita”, a segunda edición da biografía de Ricardo Portela, escrita por José Luís Calle e actualizada por el mesmo para esta efeméride. Como non podía ser de outro xeito, a Asociación de Gaiteirxs Galegxs, da que Ricardo foi fundador e primeiro presidente, pon o seu grao de area coa edición deste volume para manter viva a esencia da súa filosofía como home e como gaiteiro.

De seguro que esta Asociación non sería o mesmo ou, mesmo, non existiría de non ter nacido Portela. Tampouco sería igual a música tradicional. Ricardo foi o primeiro en sacar á luz, da man tamén de J. L. Calle, músicas de vellos gaiteiros que durmían nos arquivos do Museo de Pontevedra. Músicas que, logo de pasar polas súas mans, polo seu filtro, empapáronse da súa esencia e saíron convertidas en pezas de arte, de culto, como adoita a dicirse hoxe.

Aquel 4 de novembro naceu un mestre, un guía, un líder e un exemplo a seguir para xeracións de gaiteiros e gaiteiras que hoxe tocan e senten a gaita ao xeito de Portela. Neste 4 de novembro de 2020, os que tivemos a sorte de coñecelo, de falar con el e de sentilo tocar, non podemos máis que felicitarnos da conxunción astral que permitiu o nacemento de tan insigne gaiteiro.

Sirvan, pois, estas liñas para lembrar o aniversario das dúas palabras verbo da gaita galega: Ricardo Portela.

 

Tradición en Feminino

tradicionenfeminino webA AGG organiza o vindeiro sábado 23 de Novembro en Arcos, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, a actividade Tradición en Feminino, coa que queremos reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural. Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición tocando, cantando e bailando a través de obradoiros prácticos, unha charla e unha mesa de debate.

PROGRAMA:
10.15 - Apertura e entrega de documentación
10.30 - Obradoiro I
“Pandeirada en Liñares. Repertorio vocal acompañado de percusión de man nos anos 1993 e 1995”. Carme López
12.15 - Obradoiro II
“Fouleada en Arcos coas informantes”. José Codesido
14.15 – Xantar
17.00 - Relatorio
“A pegada da violencia contra as mulleres nas cantigas da montaña”. Branca Villares
18.00 – Mesa debate
“Mulleres e roles de xénero na transmisión oral”. Branca Villares, Carme López, Nuria Gesteira. Modera Marina F. Vigo.

LUGAR: Casa da Cultura de Mazaricos (Castelao, 1 - A Picota)

DATA: Sábado 23 de novembro

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da, que disporán ata o martes día 19 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.

Animádevos a participar!!! Esperámosvos!!!

 

O Serán desta aldea: "Cernadela"

cartaz serandestaaldea_cernadela_webO vindeiro domingo 3 de novembro organizamos, coa colaboración do Concello de Mondariz e a Deputación de Pontevedra a segunda edición de O SERÁN DESTA ALDEA. Xornada do Baile Comunal, unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando, bailando e homenaxeando ás tocadoras e beilladoras da aldea protagonista, de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser. 

Esta edición estará adicada a Cernadela (Riofrío, Mondariz), e nela teremos a ocasión de asistir a un obradoiro de pandeireta impartido por Leni Pérez, "A pandeireta en Cernadela"; o relatorio “Máis alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies” da man do etnomusicólogo Llorián García; e ao obradoiro de baile que impartirá Pichi Abollado "O baile en Cernadela". Ademais poderemos desfrutar das propias protagonistas que nos contarán as súas experiencias.

Programa 

10.45h. Inauguración

11.00h. Obradoiro “A pandeireta en Cernadela”.

13.15h. Relatorio “Mais alá dos grupos, o fenómeno das ‘Nueches en danza’ en Asturies”.

14.30h. Xantar de confraternización. 

16.30h. Obradoiro “O baile en Cernadela”.  

18.30h. Descanso

18.45h. Conversa e homenaxe ás pandeireteiras de Cernadela (Riofrío, Mondariz).

20.00h. Serán 

Aforo limitado. A asistencia é de balde previa inscrición. Asimesmo, o xantar de confraternización terá un custo de 15€ /persoa e é preciso inscribirse antes do día 1 de novembro para asistir ao mesmo.

Podedes realizar as inscricións a través do correo electrónico  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo " ou a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966

   

A frauta de 3 furados e o tambor protagonistas dunhas novas xornadas organizadas pola AGG.

cartaz frautatambor2019_webA AGG, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a Casa de Rosalía, organiza durante a última fin de semana de outubro o monográfico “CON 3 DEDOS E 1 PAU”, xornadas teórico-prácticas sobre frauta e tambor.

Será os días 26 e 27 de outubro, sendo o sábado para a parte práctica, cun obradoiro de frauta e tambor repartido en 3 horas de maña e 3 horas de tarde impartido por Luis Mondelo. E o domingo para a parte teórica, con 1 charla-concerto na que Alberto Jambrina, Luis Mondelo e Pablo Carpintero nos farán un percorrido sobre a frauta de 3 furados e o tamboril na Península e Baleares, achegándonos a súa historia, evolución e relación coa gaita de fol.

PROGRAMA

SÁBADO 26

10.30 – 13.30  Obradoiro de frauta e tambor. Luis Mondelo

13.30 - Xantar

16.00 – 19.00  Obradoiro de frauta e tambor. Luis Mondelo

DOMINGO 27

10.30 – 13.30  “A frauta de 3 furados e o tamboril na Península e Baleares: Historia, evolución e relación coa gaita de fol”. Alberto Jambrina, Luis Mondelo e Pablo Carpintero

DATA: Sábado 26 e domingo 27 de outubro

LUGAR: Casa de Rosalía (Padrón)

De balde previa inscrición (*). Prazas limitadas

(*) @s soci@s da AGG terán un prazo preferente ata o venres 18 para inscribirse, e partir desa data si quedan prazas dispoñibles, cubriranse co resto de solicitudes de inscrición, por orde de chegada.

INSCRICIÓNS (*): Nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo  indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

 

"Parrafeos e outras hestorias" no Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Guillerme Ignacio aportarános algúns parrafeos e romances do seu arquivo persoal.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

   

Páxina 2 de 44