Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

AGG

Novo disco editado polo APOI no Recuncho da Palleta

lumepalleiraEste domingo no Recuncho da Palleta estaremos con con Vítor Otero e Sergio de la Ossa, que nos van a presentar o disco "Dispostas Para Cantare - Escolma Dos Fondos Musicais do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade".

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a vindeira fin de semana no Concello de Narón, unhas xornadas de percusión

 cartaz xpercusion2017_webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza o vindeiro sábado 18 de novembro de 2017, unhas Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón.
Estas xornadas están subvencionadas pola Deputación de A Coruña, e contan coa colaboración do Padroado da Cultura de Narón.
XORNADAS DE PERCUSIÓN
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza un ano mais estas xornadas sobre Percusión Tradicional que nesta ocasión terá de protagonista á percusión de man.
Contaremos con obradoiros a cargo de profesionais no mundo da percusión como Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio que impartirán un obradoiro teórico-práctico sobre o pandeiro cadrado na Galiza, Xermán Muiños cun obradoiro de pandeira e Fransy González que nos amosará os toques de pandeireta e o canto en Bergantiños. E como novidade, este ano estas xornadas servirán tamén de marco para acoller a presentación do novo traballo “O Tamborileiro Técnico”, que será presentado en primicia polo seu autor Marcos Saburido “Kinhos” que virá acompañado por Juan Luna, director da Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, responsable da edición do libro.
Os obxectivos destos obradoiros son:
Aprender bases técnicas destes instrumentos e as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días.
Crear un punto de encontro para poñer en contacto e establecer unha continua comunicación entre aquelas persoas relacionadas co mundo da percusión tradicional galega.
Estudar as formas e usos destes instrumentos de percusión dentro da música tradicional galega e as súas variantes locais.
Divulgar estos instrumentos e promover o seu coñecemento.
PROGRAMA
10.00 – Apertura e entrega de documentación
10.10 – Obradoiro I: “O pandeiro cadrado na Galiza”. Xulia Feijoo e Guillerme Ignacio
13.10 – Descanso
13.20 -    Presentacións de publicacións:  “O tamborileiro técnico”. Juan Luna e Marcos Pérez “Kinhos”
14.00 – Xantar
16.15 – Obradoiro II: “Achegamento á pandeira en Galicia: ritmos, xeitos e tonos”. Xermán Muiños
18.15 – Descanso
18.30 – Obradoiro III: “Pandeireta e canto en Bergantiños”. Fransy González
20.30 – Peche
INSCRICIÓNS:
Estas xornadas son de balde previa inscrición.
As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto.
@s alumn@s deberán levar os seus instrumentos para os obradoiros.
As prazas son limitadas por orde de inscrición.
Para máis información e reservas: Asociación de Gaiteir@s Galeg@s 986847074/982229966

 

V Xornadas arredor da música tradicional

v xornadas musica 2 - webO vindeiro 16 de setembro terá lugar na Casa da Gaita as V Xornadas arredor da Música tradicional organizadas pola AGG. Unha cita ineludible, non só para todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas, nesta quinta edición botaremos unha ollada cara outras formas da cultura tradicional, creando un punto de encontro no que profundar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo como fonte de sabedoría para poder coñecer, conservar e transmitir as tradicións.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nos diversos relatorios, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.

A asistencia a estas xornadas será de balde. Por motivos de aforo, para poder asistir é imprescindible a inscrición previa ben a través de correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ben a través de teléfono nos números 986 847 074 – 982 229 966.

PROGRAMA DAS V XORNADAS ARREDOR DA MÚSICA TRADICIONAL
10.00 – Apertura e entrega de documentación
10.15 – Relatorio I
            “A Galicia proxectada por NO-DO a partir do uso do folclore musical (1943-1981)”. Beatriz Busto
            11.15   Quenda de preguntas
11.25 – Relatorio II
            “Os Veiga e Os Pacheco: dous cuartetos mindonienses". Xiana Teixeiro
            12.15   Quenda de preguntas
12.25 - Descanso
12.45 – Relatorio III
            “Aproximación aos recursos e á técnica interpretativa do toque pechado de Ricardo Portela". Óscar Ibáñez
            13.35   Quenda de preguntas
13.45 – Xantar
16.30 – Relatorio IV
            “O Ciclo Festivo Na Paradanta”. Xerardo F. Santomé
            17.20   Quenda de preguntas
17.30 - Presentacións de publicacións:  “Método de tambor galego”. Andrés Vilán
17.50 – Descanso
18.00 – Relatorio V
            “ Os rexistros galegos de Alan Lomax (1952): Unha fonte para o estudo da música de tradición oral”. Lucía Comesaña
            18.50   Quenda de preguntas
19.00 - Presentacións de publicacións: “Cantigas de Taberna”. Alexandre Cadarso
19.15 – Relatorio VI
            “A formación do repertorio musical da gaita asturiana". Alfonso Fernández.
            20.05   Quenda de preguntas
20.15 – Peche

   

XVIII Memorial Ricardo Portela

cartel ricardo_2017_webO venres 07 e o sábado 08 de Xullo de 2017 terá lugar na cidade de Pontevedra o Memorial Ricardo Portela. Este memorial organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Pontevedra, que naceu hai 18 anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado, adquire nesta edición un carácter especial por se cumprir no pasado mes de marzo o 25 cabodano do seu pasamento.

Por este motivo, nesta edición sumamos esforzos para facer un Memorial Especial, no que durante os dous días nos que transcorre, ademais da Mostra de artesanía de instrumentos tradicionais e das actuacións de escenario, as rúas de Pontevedra se convertan no referente da música tradicional, como centro reivindicativo da súa importancia na cultura de Galicia, e o faga inundando as súas rúas de tradición con 5 pasarrúas na tarde do venres e outros 5 durante toda a xornada do sábado, de xeito que cada persoa que transcorra pola cidade poida desfrutar da nosa música, e ademais ao xeito do Gaiteiro de Viascón, en toque pechado.

Ler mais. XVIII Memorial Ricardo Portela

 

O IV Memorial Henrique Otero reunirá a mais de 150 interpretes para recordar ao “Gaiteiro do Fragoso”.

 cartel memorial henrique  otero11Non te perdas mañá sábado 22 de abril, este acto organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s coa colaboración dos Conservatorios Superior e Profesional de Música de Vigo e a Área de Cultura da Deputación de Pontevedra na honra do mestre Otero.
O evento será aberto ao público e terá lugar no auditorio do citado Conservatorio, sito na Rúa Manuel Olivié 23 – O Castro – Vigo ás 19.30 horas
A través deste memorial, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s quere amosar un ano mais o recoñecemento do valor patrimonial que a vida e a obra do mestre Otero significa para a nosa cultura, e contribuír deste xeito ao redescubrimento constante da obra deste senlleiro personaxe da música galega.
Henrique Otero deixou no seu legado o seu traballo como impulsor do ensino académico da gaita (sendo o primeiro profesor da historia deste instrumento nun conservatorio). Foi o primeiro gaiteiro que editou un método para o seu aprendizaxe e o primeiro que logrou formar unha banda de gaiteiros na cidade olívica alá polo ano 1981. Foi tamén membro do grupo histórico ”OS CRUCEIROS” e deixou non menos de 250 composicións para gaita galega. Pero ademais Henrique deixou tamén outra gran herdanza na comarca de Vigo, o amor pola gaita galega e polo traballo ben feito, converténdose nunha ponte entre o gaiteiro rural e o gaiteiro urbano, entre o gaiteiro que foi e o músico que durante 40 anos formou parte da hoxe desaparecida banda municipal de Vigo.
Esta 4ª edición do Memorial Henrique Otero estará dedicada ás obras cantadas ou con letra do "Gaiteiro do Fragoso", unhas trinta do seu catálogo, o que comprende arredor dun dez por cento do mesmo e  das que imos a poder escoitar case a metade. No evento, que aglutinará a mais de 150 intérpretes, participarán Beatriz Riobó acompañada no piano por Alejo Amoedo e Nadia Vázquez á gaita, a Agrupación Folclórica Breogán de Moaña acompañada polo grupo folk Son do Río, Marina Fernández e Erick Feles, Os Carunchos, a Banda de Gaitas Raigames acompañada polo Coro galego do C.C. Abrente, Folk de Coiro con Marcos Castro, Abóbriga, O Orfeón mariñeiro do Berbés dirixido por Luís Prego, Os Carunchos, o Coro Cantares do Brión, Breogán de Moaña coas voces do grupo folk "O son do Río" dirixidos por María Xosé López, o grupo folclórico "Lembranzas galegas".... En definitiva, un evento único que reunirá arredor da figura do mestre voces, gaita, percusión, baile, pianos,... sen dúbida unha cita inesquecible e irrepetible.
Esta 4ª edición do memorial, ao igual que a 3ª volve celebrar ademais o encontro de novos gaiteiros “II Xuntanza folclórica da mocidade ‘Henrique Otero’”, que terá lugar o venres 12 de Maio ás 19:30 horas no Conservatorio Profesional de Música vigués, co que se quere facer unha conmemoración engadida que se ocupe dos máis novos no mundo da gaita galega e que este ano estará dedicado ó baile tradicional coa música de Henrique.

   

Páxina 7 de 44