Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Serán en Arbo

14.03.06

O vindeiro sábado 18 demazo, a partir das 22:30, celebrarase o serán máis famoso de todo Arbo. Terá lugar no cuartel da Garda Civil, ¡así que coidadiño con bailar demasiado arrimados!

Para os que queiran, ás seis da tarde, haberá un cursiño acelerado de baile tradicional que inclúe un diploma de asistencia e a cea (15 €) no restaurante “Os Pirús” de Arbo. Podedes anotarvos no 986 665 164.

Organiza a A.C. Barca de Loimil.
   

Xuntanza Música Tradicional do Salnés

12.02.06



O vindeiro venres 17, a partir das 10 da noite na cafetaría Vila Aurora da praia Compostela, celebrarase a segunda xuntanza da música tradicional da comarca do Salnés. Despois do éxito da xuntanza do mes de xaneiro os músicos tradicionais da comarca decidimos establecer de maneira formal esta convocatoria co ánimo de que sirva de punto de encontro e relación entre tódalas persoas que teñen un vínculo directo coa música tradicional, así como de todos aqueles que queiran achegarse a este tipo de música e disfrutar dunha boa noite.


Mais información.
   

Venrespirar

06.02.06




O pasado venres comezaron no Liceo de Ourense os Venrespirar, festas itinerantes de música e baile, organizadas por Algaravia e Gomes Mouro. Este ano faranse o primeiro venres de cada mes nun local diferente da cidade de Ourense. Estas festas están abertas a toda a xente que queira participar, xa sexa levando o seu instrumento, bailando, ou simplemente tomándolle algo e difrutando do ambiente.



   

Actuación do Gaiteiro do Piñeiro na Casa do Coto

11.01.06

O vindeiro venres 13 de Xaneiro foliada na Casa do Coto (Tomeza, Pontevedra) a cargo do incombustible Sr. José, O Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán, Cangas do Morrazo).

Non vos perdades a un dos máis emblemáticos gaiteiros vellos da comarca aínda en activo. Descendente dunha longa saga de Gaiteiros, del tomaron repertorio e espírito grupos coma Treixadura, Quempallou, Fiandola ou Os Carunchos.

A festa enxebre está garantida, LUME NO COTO!!!!!


Mais información.

   

2º Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana

18.10.05

O vindeiro sábado 5 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica na Casa Grande de Vilanova (A Estrada). Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica a o nacer do día.

Programa.

-20,30h. Recibimento na Casa Grande de Vilanova (A Estrada):

www.casagrandevilanova.com ; www.casagrandedevilanova.com.

- 21,30h. Cea-confraternización a base de produtos do país (polbo, carne ao caldeiro, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Dulcamara (Uviéu-Asturies).
-Veña que vai! (O Morrazo-Galiza).
-¿¿??h. Festa rachada deica a alborada (cando menos!!).



Mais información.
   

XXI FESTIVAL DE MÚSICA GALLEGA EN BARCELONA (publicado o 04/10/05)

05.10.05

Desde o ano 1981 Toxos e Xestas organiza o Festival de Música Galega en Barcelona.

Nos seus comezos, ademais de ser unha mostra de folclore incluían concursos de composición.

Chegan á edición XXI deste Festival.

Palacio de Congresos de Montjuïc (xunto á Praza España)
15 de outubro de 2005
a partir das 17:30h.


Mais información.
   

UN PATRIMONIO PARA O FUTURO NO SAN FROILÁN (publicado o 03/10/05)

03.10.05

LUGO: 5-10-05

PRAZA DE SANTA MARÍA

Hora: 17.30 hs.




O Concello de Lugo programa para o día do San Froilán un acto central de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués en colaboración coa Comisión Promotora. O festival "Un patrimonio para o futuro" mostrará un amplo abano das expresións que a Candidatura achegou á UNESCO.


Mais información.

   

XVII Xuntanza de Gaiteiros organizada por Airiños de Fene (26/09/2005)

26.09.05

O vindeiro día 01 de Outubro de 2005 a partir das 19.00 horas na praza do Concello de Fene, a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XVII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizamos tódolos anos dende o 1988.



Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitamos a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.


Mais información
   

Éxito rotundo do I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia (26/09/2005)

26.09.05

Con data 25 de setembro de 2005 tivo lugar, dentro das actividades da Romaría da Saínza e no prado afortunado da maxestosa da Carballa da Rocha o

I ENCONTRO DE MÚSICOS TRADICIONAIS DA LIMIA

depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros. Coa presenza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados, que foron catalogados en publicación recente.



A participación de numerosos músicos tradicionais limiaos (gaiteiros, percusionistas, cantareiras, ...) permitiu disfrutar ao numerosísimo público asistente dunha mostra ao vivo do noso folclore.

Teñen manifestado a súa adhesión ao acto o Museo da Limia, a Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, a Vicerreitoría de Planificación do Campus de Ourense, a Difusora de Letras, Artes e Ideas e a Asociación de Gaiteiros Galegos.


Se queres ver algunhas fotos, preme aqui

   

I Encontro de Músicos Tradicionais da Limia (publicado o 20/09/2005)

20.09.05

I ENCONTRO DE MÚSICOS TRADICIONAIS DA LIMIA

Romaría da Saínza
Carballa da Rocha
Domingo 25 de setembro, ás 17 h.

O domingo 25 de setembro, día grande da festa da Saínza, a romaría da Limia, no prado afortunado da maxestosa Carballa da Rocha, celébrase o primeiro encontro de intérpretes de música tradicional, depositarios e transmisores da arte e do saber dos devanceiros. Coa presenza gozosa de moitos dos músicos limiaos vivos e dos parentes dos finados, que foron catalogados en publicación recente.



Teñen manifestado a súa adhesión ao acto o Museo da Limia, a Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, a Vicerreitoría de Planificación do Campus de Ourense, a Difusora de Letras, Artes e Ideas e a Asociación de Gaiteiros Galegos.


Mais información
   

Páxina 27 de 29