Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

V FESTA RACHADA A BAÑA, 1 XULLO 2006

13.06.06

O proximo 1 de xullo na Área Recreativa Agra de Chans e dende as 13:00 h. Contaremos coa presenza dos grupos:

-Os Pequenos da Baña.
-Grupo de gaitas Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo).

Haberá un xantar campestre, podedes traer a comida, coma se adoitaba facer nas romarías tradicionais.

Mais información.
   

Feira da Cultura e da Música Tradicional en Bertamiráns

12.06.06

A Asociación Cultural Follas Novas e o Concello de Ames, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e A Consellería de Cultura e Deportes, organizarán os vindeiros 13, 14 e 15 de xullo de 2006 a Feira da Cultura e da Música Tradicional de Bertamiráns.

Os citados días desenvolveranse cursos de música tradicional e obradoiros de diversas clases de instrumentos que terán lugar no Pazo da Peregrina, Bertamiráns, Ames, sendo a idade mínima para participar serán os 8 anos cumpridos.

Para inscribirse nestas actividades podedes descargar o formulario máis abaixo, cubrilo na vosa computadora e enviar as solicitudes en formato electrónico ao Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou impreso a Asociación de Gaiteiros Galegos, Afonso XIII, 7, 36002, Pontevedra, desde o 4 de xuño ao 4 de xullo. As taxas da matrícula poden ser ingresadas no seguinte número de conta: 2080 – 0215 – 42 – 0040000 922 (Caixa Nova). Ao inicio do curso os participantes deberán presentar unha copia do formulario máis o certificado de ter aboado as taxas da matrícula.

Descargar formulario de inscrición


Descargar horarios


Descargar curriculum do profesorado
   

VII encontros de música tradicional

19.05.06


Un ano máis a Asociación "Santa Ferreña dos encontros de música tradicional" organiza esta xornada en torno ao Mosteiro de Carboeiro(Silleda), onde a música tradicional é a auténtica protagonista.


A edición do 2006 terá lugar o 3 de xuño: títeres, contacontos, churrasco, xogos, licor café, acampada...e, por suposto, moita música e baile tradicional daranse cita nun entorno de gran beleza e cargado de historia.

Mais información.


   

II Xornada de Gaita e Folklore en Ortigueira

10.05.06

A Escola de Gaitas de Ortigueira organizará, un ano máis, esta xornada musical que terá lugar o vindeiro sábado día 13 de maio.

Pola mañá haberá alborada e pasarrúas. Varios grupos de música tradicional percorrerán a vila e rematarán na carpa situada na Alameda onde se celebrará unha mostra de canto e baile tradicional ao cargo de Son do Sor.

Despois do xantar popular, onde se servirán callos, empanada e viño ou refresco (7 euros), se celebrará, no Teatro da Beneficencia, o “II Concurso de Música Tradicional Escola de Gaitas de Ortigueira”.

Á noitiña haberá unha cea popular e concertos a cargo de Linho do Cuco, Dúo de Arpa celta e Violín, e Tromentelos Chis Pum.
   

Manguelo Folk

28.04.06

O vindeiro día 27 de Maio na parroquia de Orazo do concello da Estrada (estrada N-525 a 30 km de Santiago e 30 de Lalín ) , a asociación Socio Cultural COTO MANGUELO , organizamos o 3º festival de música tradicional e folque MANGUELO FOLK.

Dende as 19.00 do serán contaremos coa actuación dos grupos: Asociación folclórica Tamparrantán; Agrupación Folclórica Xirandola; Compañía de Títeres Seis Dedos de Lalín; Pandereiteiras Lilaila de Orazo; O Arco de Merza; Pandereiteiros da A.C. Nos de Sobradelo.

E a partires das 23:30 actuarán: O REGATO DE MATAMULLERES; RUOTE ; A XISTRA DE CORUXO; QUEMPALLOU; Grupo de animación musical e de Baile Dálle Caña.

Mais información.
   

“Ao Son do Tangaraño”

26.04.06



A A.C. Tangaraño presenta unha nova edición do seu espectáculo que se celebrará o vindeiro luns, primeiro de maio, no Teatro Cine Salesianos ás 20 horas, sendo a entrada de balde.

Ao longo de case dúas horas, os compoñentes das diferentes agrupacións da A.C. Tangaraño, percorrerán a xeografía galega a través da música e do baile tradicional, amosando pezas recollidas en diferentes vilas e aldeas. Asemade, como ven sendo habitual nas súas actuacións, farán referencia á historia más recente ó incorporar ó seu espectáculo bailes que no seu día foran interpretados por “Coros y Danzas”, así como outras pezas do chamado “baile coreográfico”.



   

II FOLIADA DE MELIDE

24.04.06

O vindeiro domingo 30 de Abril terá lugar en Melide a segunda edición desta foliada que organiza a Agrupación Folclórica “Castelo” coa colaboración do Concello de Melide e a Asociación Catasol.

As actividades comezarán ás 11 da mañá cun pasarrúas ao cargo do Grupo de Gaitas “Castelo” de Melide e ás 11:30 terá lugar a apertura da “Mostra de Artesanía” e das exposicións sobre “Os Garceiras” e“Os Xogos Populares Galegos”, entre outras.

Ao medio día comezará a actuación do grupo de baile “Azougue” E.M.F de Betanzos e os que así o queiran poderán participar no obradoiro sobre “A malla” e contemplar a exhibición dunha máquina de mallar do S. XIX.

Ás 14:30 haberá un Xantar popular e a sobremesa estará amenizada por Mini e Mero: “Romances de cego”.

Ás 17:30 os máis cativos poderán tomar parte nun obradoiro infantil sobre Os Maios e ás 18:00 Jesús Miranda falará sobre a “Afinación da gaita e tratamento das palletas”. Ás 19:30 de novo as gaitas soarán polas rúas da vila para rematar a xornada cun serán que dará comezo ás 22:00 pero que non se sabe cando rematará.
   

Música Galega no Forum Metropolitano de A Coruña

31.03.06

Este sábado 1 de abril ás 19:30, no Forum Metropolitano da Coruña, terá lugar un festival de música galega organizado pola Sociedade Cultural Galicia-Bretaña. Poderemos escoitar ao grupo de zanfoñas e ao de Gaitas do laureado Coro "Cántigas da Terra"; ao grupo de danzas e a charanga da "Asociación Cultural A Ponte Vella", de Teo; e ao grupo de música tradicional "Ruote".
A entrada é gratuíta.
   

A Associação Gaita-de-foles conmemora sete anos de vida

27.03.06

O día 1 de Abril, a Associação Gaita-de-foles reunirá os socios e amigos para celebrar o seu séptimo aniversario.

Conmemóranse Sete Anos de moito traballo, descoberta e memorias do instrumento que motivou o xurdimento da Associação: a Gaita-de-fole e os seus Gaiteiros.


Mais información.

   

Festival Interceltique de Lorient

22.03.06

A medida que se achega o verán vanse coñecendo os pormenores da celebración dun dos festivais con máis sona de Europa, o “Festival Interceltique de Lorient”, que terá lugar dende o 28 de xullo ata o 6 de agosto na vila gala. Xa temos novas acerca de cal será a representación galega neste evento.

Mais información.
   

Páxina 26 de 29