Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Festival Intercéltico de Moaña

31.07.08

O 15 de agosto de 1985 celebrouse o I festival Nocturno Celta do Morrazo organizado pola Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña. Este festival tiña o obxectivo, á parte de dar a coñecer a actividade da escola de gaitas, de financiar unha viaxe a Lorient, Bretaña (Francia) para a participación no seu festival musical.

Neste primeiro festival actuaron, ademais dos organizadores, Ricardo Portela, Lembranzas galegas, Muxicas, Vai de Roda e Milladoiro.

Nesta edición contará cos seguintes artistas:

Jueves, 31 de Julio
22:00 Lembranzas da Ría
23:30 Noitarega

Viernes, 1 de Agosto
23:00 Aira da Pedra
00:45 Four Men And a Dog

Sábado, 2 de Agosto
20:00 Sobre Rodas
21:00 A Gatita de Sarandón
23:00 Luetiga
00:45 Júlio Pereira

Domingo, 3 de Agosto
20:00 Chema Puente
21:00 Juanjo Fernandez
23:00 Susana Seivane
00:45 Shooglenifty

As actuacións terán lugar no Palco da Música e no Escenario Principal

Máis información en...
   

VI Caneiros Gaiteiros

16.07.08

O Domingo 20 de Xullo celébrase en Betanzos unha nova edición dos Caneiros Gaiteiros. Esta romaría ten a súa orixe arredor do 1880, cando despois de dous días da festa de San Roque pequeno, os betanceiros foron empanando as sobras das fartas do xantar festivo e foron xantar de relax ao Campo dos Caneiros río arriba. Isto converteuse en hábito para tódolos veciños de Betanzos criando así unha xira que chegou a converterse en extraordinaria romaría, xa non só para os betanceiros coas súas lanchas engalanadas de grilandas e flores, senón tamén para o resto do mundo que puido remontar o río en grandes barcas. A festa tivo unha grande sona, e os garelos (betanceiros), sen deixar esta, preferiron a segunda xira que se fixo do mesmo xeito para o día 25 na romaría de San Paio.

Algúns dende a mañá xa soben andando, outros aí pola mediodía soben nas súas barcas pequenas cargadiños de comida para xantar nas ribeiras arredor do campo dos caneiros e outros en grupos máis numerosos en grades barcazas levan gaiteiros e van xantando río arriba. A corporación municipal tamén leva aos seus gaiteiros e moitos outros van cantando: "Se o río dos Caneiros levara coñac, máis de catros borrachos tirábanse alá"

Dende hai seis anos, a asociación “O Xanocas” preocupados pola situación do río Mandeo e o seu entorno propuxo unha xira cos amigos gaiteiros de todo o país para apoiar o seu labor de denuncia e ao tempo ter unha festa amable entre amigos. A partires das 13h reúnense os participantes no entorno do peirao da Ponte Vella para embarcar no Peirao da Monxas arredor das 14:30h e remontar o río tocando e xantando. Máis tarde atrácase no Peirao do Campo para facer foliada e tomar café e queimada.

Para anotarse á Romaría, cun custe aproximado de 15 euros polo xantar e o barco, compre facelo antes do día 17 de Xullo no seguinte enderezo electronico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono 607 844 813.
   

VII Festa Rachada da Baña

25.06.08

O sábado 5 de xullo terá lugar a VII Festa Rachada da Baña na Area Recreativa Agra de Chans en San Vicente da Baña.
Dende as 13:00 horas actuarán:
Os Pequenos da Baña.
Armadanzas de Laraño (Baile Tradicional).
Murga e Pandereteiras Vai de Roda, Rianxo.
Charanga Follas Novas , Ames
O Trioliro.
Murga Os Campantes da Baña,
e a espectacular actuación de O CarriÇo (Coimbra).
Tamén participarán os gaiteiros (uilleanpipe e whistles) Dennis O´Toole e Carmel O´Leary (Irlanda).
Convidados á foliada:
Milloverde da Coruña, Os Enxebres de Cacheiras, Pablo Carpintero, Raúl Galego, Charanga de Ultreia, Os Contracochenos, Os Viqueiras de Ordes e todos aqueles que os queiran acompañar cos seus instrumentos porque a troula continúa.

Ó longo do serán levaranse a cabo obradoiros para pequenos e maiores e tamén contan con zona de acampada.
Lembrade levar o xantar para acompañalos nas merendas.

Para máis información podedes chamar ós teléfonos: 696 740 502 e 656 908 829.
   

VII Noite da Lúa Meiga

23.06.08

Os días 30 e 31 de agosto o Colectivo Lúa Meiga de Redondela celebra por segunda vez a Noite da Lúa Meiga.
O programa é o seguinte:
PROGRAMA VII NOITE DA LÚA MEIGA
Sábado 30 de Agosto:
-As 21:30h, GRUPO DE GAITAS OS XUVENÍS DE CHAPELA e concerto de:
PRADAIRO
PEPE VAAMONDE
TIRULEQUE
+ Regueifeiros Convidados

Domingo 31 de Agosto:
-Sesión vermú (12:30h) con:
O CARBALLO DAS CEN PÓLAS
GRUPO DE BAILE ANAQUIÑOS
PANDERETEIRAS ANAQUIÑOS

- Xantar popular e pulpeira
- Xogos tradicionais para todas as idades
- Festa tradicional (17:00h) con:
GRUPO DE GAITAS DE CEDEIRA
AIRIÑOS DE SAN SIMÓN
PANDERETEIRAS AQUELARRE
A.F. TERRA MEIGA
AIRIÑOS DA PENEDA
OS FARELOS

* O Sábado 21 contarase cun autobús circular pola parroquia do Viso para achegarse ó festival.
www.noitedaluameiga.org
   

Romaría Raigame

06.05.08

Un ano máis celébrase o 17 de Maio na Vila Ourensá de Vilanova dos Infantes a Romaría Raigame, está organizada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e o Concello de Celanova. É unha festa na que se volta por un día anos atrás para vivir unha xornada de Romería e troula onde poderemos atopar:

- Obradoiros artesáns
- Tabernas
- Pulpeiras e postos comida
- Recreación de oficios ( Cesteiros, Fiadeiro, Telleiros, Canteiros, Palilleiras, Coroceiro, Queixeiro, Afiador... etc )
- Regueifas
- Teatro de Rua
- Títeres
- Xogos Tradicionais
- Exposicións
- Actuacións de moitos grupos de baile tradicional, cantareiras e grupos de gaiteiros.

Tamén se organizan os concursos de Fotografía e investigación etnográfica Raigame.

Poderedes atopar máis información desta VII edición no seguinte enlace:

Páxina da Romaría Raigame
   

X Aniversario da Banda de Gaitas Tremiñado

30.04.08


O vindeiro sábado 3 de Maio celebrarase en Ponteareas o X Aniversario da Banda de Gaitas Tremiñado. O acto está organizado pola Asociación Cultural Tremiñado e conta coa colaboración do Concello de Ponteareas.
As actuacións comenzarán a partir das 21h da noite, e terán lugar no Auditorio “Reveriano Soutullo”. A entrada é totalmente gratuíta.

No evento participarán:
-Anxo Lorenzo
-Agrupación Folclórica Xalgarete
-Murga Asagaia
-Grupo de pandereteiras Xoaira
-A. María Alonso Martínez (Membro da A. F. Xalgarete)
-Banda de gaitas Tremiñado
   

II NOITE DE FIADEIRO EN RAMIRÁS

16.04.08

A Escola de baile e música tradicional Rebulir organiza o vindeiro sábado 26 de abril a partires das 20:30 da noite a II Noite de Fiadeiro. Será na praza de San Andrés, en Vilavidal, concello de Ramirás.

Esta actividade pretende manter viva a esencia dos vellos fiadeiros que se celebraban na comarca de Celanova, onde mozos e vellos se xuntaban a bailar nas cortes das casas e nos torreiros das aldeas. A festa será completa con música e baile durante toda a noite, obradoiros, sorteos...

PROGRAMA

16:30 - Obradoiro de iniciación ao baile e música tradicional.
18:00 - Peche do Obradoiro.
20:30 - Apertura do torreiro do fiadeiro. Tirada de foguetes e cea.
21:00 - Comezo da II Noite de Fiadeiro.
00:00 - Reparto de queimada entre os asistentes

Máis información en http://www.rebulir.blogspot.com/
   

FESTIVAL DE BAILE TRADICIONAL "AZALOIRA"

10.03.08

O Festival de baile tradicional Azaloira de Bandeira chega á súa oitava edición o domingo 16 de marzo. Será no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda) a partir das 18.00 horas.

Neste ano, Fortín dá Pomba, decidiu introducir novidades. A súa presidenta, Josefa Ferreiro , foi a encargada de anuncialas. Haberá un grupo participante menos que nas edicións anteriores para evitar que se alargue. Nesta ocasión, competirán:

- Malveiras de Vilagarcía,
- Donaire,
- Colexiata do Sar
- Falcatrueiros de Monterroso,

que interpretarán dúas pezas cada un. Ademais, actuarán todos os grupos de Fortín dá Pomba.

Outra das novidades será a intervención da Banda Recreativa e Cultural de Bandeira, que tocarán unha peza para que unha das seccións do grupo recorde o baile solto que tradicionalmente había logo das misas nas festas. Ademais, para Fortín será a súa primeira edición co novo profesor Simón Muñiz .

A presidenta de Fortín agradeceu a colaboración a comerciantes e empresas, así como ao Concello de Silleda. A rexedora, Paula Fernández , que acompañou á directiva durante a presentación do cartel onte pola mañá no Manuel Dopazo, deu o parabén aos organizadores. Engadiu que era un pracer traballar con veciños cun carácter dinamizador como os de Bandeira. Ademais, destacou o labor do grupo de baile Fortín dá Pomba para que os máis pequenos sómense a este tipo de actividades.

Consulta as bases
   

COMEZAN DE NOVO OS "VENRESPIRAR" EN OURENSE

28.01.08

Xa están aquí de novo as festas itinerantes de música e baile, organizadas por "Algaravía" e "Aoft Gomes Mouro". Realízanse en diferentes locais da cidade de Ourense, en horario de 22:00 horas a 1:30 horas. Coinciden sempre o primeiro venres de cada mes, salvo en Maio, que será o segundo.

Aquí tedes as datas e lugares:

1 de febreiro de 2008......Liceo
7 de marzo de 2008........Efémera
4 de abril de 2008...........Foula
9 de maio de 2008..........Don Gaetano
6 de xuño de 2008..........Ollo Ledo

Estas festas están abertas a toda a xente que queira ir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente tomando algo e disfrutando do ambiente.

Podedes atopar mais información no espacio da AOFT: http://aoftou.spaces.live.com/ . Quedades todos convidados a ir e a participar. Non vos esquezades
   

IV DÍA DO ORGULLO GAITEIRO

12.12.07

O sábado 15 de decembro, na sala Anexa do Auditorio Municipal de Ourense celebraranse todos os actos do IV Día do Orgullo Gaiteiro, organizado pola AOFT GOMES MOURO e que este ano está dedicado ao Sr. ANTÓN GONZÁLEZ FRANCO.

Os actos programados para este día son os seguintes:

- 16:00 a 18:00 - Emisión en directo do Programa: "LUME NA PALLEIRA", con Emilo Españadero coa intervención e presentación do cd "As fontes Musicais" do Gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ, o grupo COANHADEIRA, XAVIER BLANCO, e X.L.Miguelez Pilís, que tamén presentará o seu novo disco. Tamén estarán presentes os "homenaxeados" deste ano.

- 18:15 a 19:00 - Charla didáctica: "OS INSTRUMENTOS POBRES" con XAVIER BLANCO.

- 19:00 a 19:30 - ACTO DE HOMENAXE: Ao programa "ALALÁ" da Radio televisión de Galicia e ao Sr. ANTÓN GONZÁLEZ FRANCO", membro fundador do grupo de gaiteiros "Os Francos" de Ourense.

- 19:30 a 20:30 - Actuación de PABLO SEOANE co seu novo traballo, "Fluíndo en Pechado".

21:30 - "CEA DO ORGULLO GAITEIRO"

No Servicio de cociña de "AIXIÑA", rúa da Farixa 7, na Finca Sevilla, ao lado do Pazo de deportes, "Paco Paz". Prezo da cea 18 Euros - Para Alumn@s e soci@s da AOFT GOMES MOURO 15 Euros.

*Para a cea hai que reservar via email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono: 609022512 durante a semana*

As actividades continuarán en Ourense o día seguinte, o domingo 16 coa celebración do Domingo de Lecer na Carpa da explanada das Burgas. Anímadevos a participar de todos estes actos en prol da nosa cultura tradicional.
   

Páxina 22 de 29