Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

XVI FESTIVAL DO RÍO CASTRO

29.06.09

Arranca unha nova edición do Festival do Río Castro, un clásico do verán que xa vai pola 16ª edición, que se celebrará o próximo sábado, 4 de Xullo, co seguinte programa

12.00 Concurso de merendas.
15.30 Xogos infantís co grupo Sapo Animación de Ferrol
17.00 Peter Punk , pertecente a Coperactiva Cultural mostrando un dos mellores espectáculos do clown galego, premiado como mellor espectáculo polo público do Festival Mundoclown 08. Tratase dun show para todos os públicos, con moi bo nivel de malabares e xogos e cunha divertida participación do público.
Capionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado con tronzador, chave, etc.

Concertos
22.00 Música Tradicional co grupo BERROS DO CASTRO de Narahio.
23.00 Pesdelán , de Santiago.
00.00 Os Tres Trebóns , de Coruña
02.00 Ultraqans , d'A Coruña.
   

VII FESTA RACHADA DA BAÑA

25.06.09

O día 4 de xullo celébrase unha nova edición, e xa van sete, da FESTA RACHADA DA BAÑA. As actividades comezarán a partires das 13:00 h. na Area Recreativa Agra de Chans, en San Vicente da Baña, e prolongarase ata ben entrada a madrugada.

O programa deste ano conta coas seguintes actuacións:

Xosé Marentes (A Fonsagrada)
Armadanzas de Laraño
A Requinta da Laxeira (Vedra)
Tanto Nos Ten (Redondela)

Tamén participarán grupos como Os Campantes da Baña, Os Enxebres de Cacheiras, Murga Os Revoltas, A Requinta de Xian, Vai de Roda de Rianxo, Os Pequenos (A Baña)... e moito máis. Levaranse a cabo obradoiros de xogos e baile tradicional e habilitarase unha zona de acampada.

A organización quere convidar a todo aquel que guste da música tradicional a achegarse ata a Baña para participar coas súas gorxas e instrumentos nunha das festas máis rachadas do verán.

   

Programa da Foliada Forumfolk na Coruña

23.02.09

O Concello da Coruña celebra dentro do ciclo "Forumfolk '09" unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade encargaránse de poñer a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido o día 23 a partir das 21:00 da noite.
Animadevos a participar nesta festa do folclore galego, a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.
Esta é a orde de participación dos grupos de música e as pezas que interpretarán. Despois da "sección oficial" haberá máis música improvisada.

1. Os Gaiteiriños
- Cantiga Mareira
- Foliada de Pontevedra
2. Queiroa
- Muiñeira Cabaleira
- Serán en Toutón
3. Eidos
- Forricallo
- Xota de Beigondo
4. Cántiga da Terra
- Foliada de Viascón (Popular)
- Foliada de Meira (Popular)
5. Maghúa
- Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), composto por xota, ribeirana e valse
- Pandereitada de Xirazga (Beariz, Ourense), composta por xota e muiñeira
6. Donaire
- Pandereitada de Calvos (Rus, Carballo)
- Rúa de Painceiros (Campo Lameiro, Pontevedra)
7. Alén do mar
- Xota recollida en Riotorto
- Muiñeira dos cinco de Galicia
8. Arestora
- pendente
- pendente
9. Xasteirazo (Círculo de Actividades de Tempo Libre de Xacarandaina)
- Heicho de dar queridiña!!
- Polca dos Areeiras.
   

Máis Entroidos de Galicia

13.02.09

E seguimos cos Entroidos.

A Coruña:
24/02/2009. Martes de Entroido. Festa choqueira.
25/02/2009. Enterro da Sariña e queima do Momo
28/02/2009. Entroido Pequeño.

Maceda:
19/02/2009. Xoves de Comadres.
21/02/2009. Sábado de Entroido
24/02/2009. Martes de Entroido.
25/02/2009. Enterro do Entroido.

Bande:
22/02/2009. Saída dos Troiteiros.
24/02/2009. Martes de Entroido. Saída dos Troiteiros.
25/02/2009. Enterro da Sardiña.
   

Entroidos de Galicia

12.02.09

Se aínda non tedes claro onde pasar o Entroido, aquí tedes unha lista ben interesante de Entroidos en Galicia

Vigo
O Hío
Laza
Verín
Xinzo de Limia
Salcedo (Pobra de Brollón)
Pontevedra

Consultade os días máis importantes de cada Entroido aquí.
   

Foliada! Cántigas na rúa

14.10.08























O venres 24 de Outubro no Campo da Leña-Praza de España organizada por Cantigas da Terra a partires das 21:00 en A Coruña
   

Festa dos axóuxeres

02.09.08



As primeiras palabras que pronunciamos son a chave para abrir unha porta cara a nosa lingua e a nosa cultura. As Festas dos Axóuxeres son un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Celébranse no mes de setembro e a entrada é de balde.
Axóuxeres é unha proposta para beber cantigas, brincadeiras e aloumiños, metelos nos petos e levalos para a casa, para que o galego siga pasando de pais e nais a fillas e a fillos. Ver, cheirar, gustar, tocar, escoitar, falar con todos os nosos sentidos, isto son as festas e os encontros dos Axóuxeres.

Axóuxeres é un espectáculo de palabras, arrolos, música, poesía, teatro…, un encontro para festexar a lingua galega.

Terá lugar nas seguintes datas e lugares:

Lugo: 6 de setembro (sábado), na Praza de Sta. María as 12 da mañá
A Coruña: 7 de setembro (domingo), nos Xardíns de Méndez Núñez, as 12:00 da mañá.
Ourense: 13 de setembro (sábado), no Parque da Barbaña, ás 12h
Vigo: 14 de setembro (domingo), na Praza do Rei, as 12 da mañá
Santiago: 20 de setembro (sábado), na Alameda, as 12 h.


   

MARADENTRO. Festival Cultural

28.08.08

CLUBTURA (Asociación de salas de música ao vivo ) e ROI XORDO como socio fundador da mesma, organizan o sábado dia 30 de agosto un Festival Cultural en homenaxe a Carlos H. Díaz Pérez, que foi secretario de Clubtura e un dos seus principales impulsores.

Este festival pretende ser un reflexo do que foi o seu traballo a favor das expresións artísticas, sobor de todo en pequeño formato, no que
creia profundamente, e loitou por facelas realidade , tanto no ROI XORDO, como en CLUBTURA.

Polo seu local pasaron tódolos artistas que participarán neste festival e que queren estar presentes neste día , outros moitos os que non lles foi posible mostraron o seu apoio o acto.

Preténdese que sexa un día de festa para lembrar a un amigo e nos convidan a todos a acompañalos

Para máis información chamar ao teléfono 670016754
Paco Quintas
Bar Liceum
Presidente de Clubtura

Ver cartel...
   

IX Festa Folc de Vilariño

14.08.08


Organizada pola Asociación Cultural "O Gato" o 16 de agosto celebrarase en Vilariño, Cangas a novena edición da Festa Folc de Vilariño.

Ao mediodía haberá unha mexilloada popular amenizada pola charanga Lembranzas da Ría.
Á noite, concertos cos grupos Serra-lhe Aí, Xosé Manuel Budiño e O Sonoro Maxín

Máis información...
   

Primeiro Festival de Música Folk, Xirifolk

11.08.08


O día 14 de agosto terá lugar o Primeiro Festival de Música Folk, Xirifolk, en
Castro de Carballedo (Lugo, pertiño de chantada).
Comeza as 7 da tarde cun obradoiro de baile tradicional de Gustavo Couto. As 10 da noite música cos Campantes da Baña, A Charanga de Ultreia e os Terribles de Donas.

Haberá unha pancetada a partires das 10 da noite

   

Páxina 21 de 29