Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Forum Metropolitano de A Coruña: Foliada de Entroido

09.02.10




O vindeiro luns 15 de febreiro celebrarase o entroido no Fórum Metropolitano da Coruña cunha gran foliada que comenzará ás 20 h. presentada por Xurxo Souto.

Primeiro actuarán os seguintes grupos:


-OS GAITEIRIÑOS
-GRILEIROS
-QUEIROA
-ASOCIACIÓN CULTURAL DONAIRE
-CÁNTIGAS DA TERRA
-ASOCIACIÓN DE COROS E DANZAS EIDOS
-MAGHÚA


A continuación abrirase a sesión para quen queira participar. A entrada é de balde ata completar o aforo.

   

30ª Foliada das Pontes.

20.01.10


O 29 de Xaneiro de 2010 terá lugar a 30ª Foliada das Pontes.

Comezamos o 2010 para celebrar a Foliada número 30. En marzo fai 4 anos que se iniciou este proxecto que da cabida a música Tradicional da nosa terra.

Será a Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de As Pontes quen inaugure o ano 2010, a formación mais numerosa que se sube ao esceario do Lar.

A Escola está formada por xente de todas as idades, dende os cinco anos ata os setenta e moitos.

Esta Escola empezou a sua andaina a finais dos oitenta, e xa conta con mais de vinte de existencia, por aquí pasou moita xente que hoxe forman outros grupos da Vila, tamén mestres con gran carisma como Ramón O "Municipal".

Ata o ano pasado tiñan adquiridos uns compromisos anuais que cumprian desinteresadamente participando no Festival Folclórico Internacional, pasarrúas do Carme, Feiras do Grelo e dos Cogumelos, Cabalgata de Reis e na Procesión do Carme.
Agora por problemas alleos ás persoas compoñentes, non participan en ningun acto organizado polo Concello.

A continuación o prato forte da xornada, veñen de varias zonas de Galiza ainda que a sua sede está en Lugo, na Tradescola, e éles forman a Escola Luguesa de Zanfona e Canto, xente moi coñecida nas suas filas, alguns deles asiduos das Foliadas Pontesas, e comandados polo "Zar" da música Tradicional Galega, Luis "Caruncho" e tamén patrocinada pola AGG (Asociacion Galega de Gaiteiros).
   

16.ª NOITES DE TASCA EN DEIXEBRE (OROSO)

20.01.10




O vindeiro venres 29 de xaneiro terá lugar a 16.ª Noite de tasca en Deixebre (Oroso).



A partir das 22:00 horas no hotel "Os Carballos" [estrada N-550, km 44] daranse cita "A Gaita de Sarandón", requinteiros da Ulla, cos míticos Pepe de Nande e Marcelino de Muiñeiro, depositarios e xenuinos transmisores da tradición do tocar da requinta na Ulla e despois...



FOLIADA!!!


ACHÉGATE A TOCAR!!!!

   

«A gaita vai á igrexa» abre o ciclo «Músicas a carón daMosqueira»

15.01.10



"A gaita vai á igrexa" é un recital de gaita e órgano de tubos que terá lugar o vindeiro luns 18 de xaneiro ás 20.30 horas na cidade de Lugo na igrexa de Santiago A Nova. Servirá para inaugurar unha nova edición do ciclo de música clásica "Músicas a carón dá Mosqueira". O concerto ofrecerano dous recoñecidos compositores e intérpretes galegos como son o gaiteiro Suso Vaamonde e o organista e multiinstrumentista Ernesto Campos, que a través deste recital recuperan espazos de incalculable valor cultural levando a música tradicional a auditorios tan singulares como as igrexas, as abadías ou as catedrais.

Entre as pezas que compoñen ou repertorio que ofrecerán Vaamonde e Campos figura a Anterga Alborada de Ourense, a Marcha procesional de Pontevedra, a Muiñeira de Pontesampaio ou a Marcha do San Martiño.

Despois da actuación do vindeiro luns, o programa de concertos continuará o 22 de febreiro co trío de corda D'Anches; o 1 de marzo terá lugar un recital de guitarra clásica con Juan Ignacio Rueda ; o 12 de abril o cuarteto Albeniz ofrecerá un concerto de corda; o 10 de xuño actuará a orquestra Rogelio Groba; e para rematar, o 13 de decembro, terá lugar a presentación do novo disco da coral Só Voces, un traballo que estará dedicado integramente á cidade de Lugo, facendo unha panorámica dá música vocal composta na provincia nos dous últimos séculos.

Todos lestes concertos celebraranse na sede dá Fundación Caixa Galicia e non Salón Rexio do Círculo dás Artes da cidade Lucense.
   

Os Alegres, festival de música tradicional.

30.11.09

O vindeiro sábado 5 de Decembro Os Alegres celebran o seu setenta aniversario cun festival. O evento terá lugar ás 20,00 horas no Teatro Principal de Pontevedra e nel participarán diferentes grupos con reputada tradición na Comarca do Lérez: Picuíña, Os Chichisos, Foula, Os do Luns, Os abrentes de Cerdedo, Os Terribles de Arousa, Os Murgueiros da Xistra, Val da Maía e, por suposto, Os Alegres.
   

III ENCONTRO FOLCLÓRICO FROUMA

11.11.09








Este ano o III Encontro Folclórico Frouma celebrarase o día 14 de novembro as 19:00 h, nas Torres de Santa Cruz de Liáns (Oleiros), presentado por Francisco Moris Vázquez (Compoñente e director do grupo Frouma) co seguinte programa:

Queiroa de Sada

Os Rueiriños de Nós-Oleiros

Frouma de Oleiros




   

Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial do 10 ao 14 de novembro de 2009

04.11.09

Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. Esta mostra pretende reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos e todas unhas representacións da súa riqueza, amosando como os coñecementos tradicionais se poden adaptar e vivir na sociedade actual, e como poden xerar expresións de alto valor estético, funcional e económico.

Estas expresións, á marxe dos procesos globalizadores e uniformizantes, unha vez estudadas, postas en valor, reelaboradas e difundidas, reactivaranse para contribuír a un diálogo eficaz coas demais sociedades modernas, desde as nosas interpretacións particulares e diferenciais. Esta mostra ten como fío condutor os valores do propio patrimonio cultural inmaterial. Entre os moitos que se poderían destacar escollemos reciclaxe, comunidade, utilidade e contacto. Deste xeito, na Praza Maior de Ourense acharán unha caseta especificamente dedicada a cada un destes valores onde se mesturan e interaccionan, de xeito indisoluble, os cinco ámbitos do PCI. Nesta Mostra do PCI acharán tamén exposicións, debates, producións audiovisuais realizadas polo proxecto Ronsel e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI así como a degustación de produtos ecolóxicos. Os máis cativos terán oportunidade de practicar na construción de simples instrumentos musicais e, por suposto, asistir aos concertos didácticos de Pablo Carpintero que con certeza os deixará abraiados.

Polas noites, ás 20.00 remataremos a xornada cunha actuación musical de grupos musicais de recoñecido prestixio no que agardamos contar coa vosa presenza: Coanhadeira (martes), Tinta Femia (mércores), Leilía (venres) ou os Carunchos (sábado) constitúen distintas formas de entender e facer chegar a nosa música tradicional.

Pódese consultar o programa da mostra aquí.
   

Volven as Noites da Tasca

26.10.09



O vindeiro venres 30 de outubro de 2009, no Bar Viuda de Nouche, en Sigüeiro (Oroso), a partir das 22 horas, dará comezo a nova tempada das Noites da Tasca.



Como invitado especial acudirá Antonio Mato, o vello gaiteiro dos Matos de A Coruña.Como invitado especial acudirá Antonio Mato, o vello gaiteiro dos Matos de A Coruña e Amigos da Torre. Tamén actuarán o grupo Lembranzas do Tambre, de Sigüeiro. Queda aberta a participación para todos os que queiran acudir.



Organiza A Asociación Grupo de Gaitas os Viqueiras de Ordes en colaboración coa Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre.


   

II Foliada de Sada

22.10.09

A Asociación de música e danza tradicional Queiroa e o Concello de Sada, organizan o vindeiro sábado 07 de novembro ás 20:00 horas, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), a II Foliada da Asociación de música e danza tradicional Queiroa.


Coincidindo con ela celebrarase o Magosto municipal, no que colaborarán as asociacións de Sada.


No transcurso da foliada, celebrarase un Concurso de baile tradicional por parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns.


Para participar no concurso ou actuar confirmar presenza a través dalgún dos seguintes contactos:
617940833/636692800, Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo


Información e Plano



   

O INCIO ACOLLE A VII EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 23 DE AGOSTO

14.08.09

As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, e concertos pola noite.

Un ano máis, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). Trátase dunha festa que camiña xa pola VII edición consecutiva procurando en cada unha delas a participación de todo o pobo a través das distintas propostas, tanto musicais como de animación e gastronómicas.

As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de gaiteiros do Incio Arandela, que animarán as rúas da vila e os prolegómenos do xantar que se celebra cada ano no mesmo lugar do festival, e ao que asisten máis de 400 persoas. A sobremesa tamén estará animada polos gaiteiros e músicos espontáneos que queiran sumarse á festa. Segundo un dos organizadores, Carlos Núñez, o xantar e un dos momentos que máis gusta aos asistentes xa que “supón un punto de encontro entre varias xeracións das distintas familias e persoas que acoden, algunhas das cales residen fora e soamente se reúnen nestas datas de verán”.

Pola tarde está prevista a realización de varios obradoiros de xogos para cativos e maiores e a animación musical do home orquestra Cé Orquestra Pantasma, quen tamén actuará pola noite completando o cartel do Festival cos grupos Tanto Nos Ten - a revelación do ano na música tradicional -, e Os Cuchufellos, que dende Manzaneda nos traen unha explosiva festa de fanfarria balcánica ao xeito máis galego.

O festival que se celebra no Incio leva o nome que o finado escritor Ánxel Fole lle daba a estas terras nas que viviu unha tempada, a Terra Brava. Este é tamén o título dun dos seus libros, no que se refire en varias ocasións aos costumes e paisaxes do lugar. Curiosamente, a festa lévase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende O Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor, ao final da rúa Ánxel Fole dedicada na súa memoria.
   

Páxina 20 de 29