CMTFL
MONOGRÁFICOS 07
15.01.07
O sábado 20 de Xaneiro comezan os monográficos de Lalín, cursos especiais arredor da música, numerosos e eclécticos. Durante 7 anos os monográficos son unha referencia para formarse fora pero dentro do conservatorio atendendo ás peticións do alumnado e do mundo artístico que rodeia o centro. Van dirixido a amadores e profesionais da música, curisosos e curiosas que deciden vir de distintos pontos do pais a Lalín, ao centro folque do Deza.Neste novo ano viaxamos co violino de Quim Farinha (Berrogueto) de Oslo a Compostela, a percusión de láminas tocará música tradicional no curso que imparte do director do Conservatorio Oficial de Lalín Dario Gonzalez, os ritmos do Brasil chegan a Lalín con Lilian França e Sérgio Tannus, un dia para danzas do mundo con Beatriz Diaz, aprenderase a aditar partituras musicais con Benjamín Otero (Linho do Cuco e xefe de estudios do Conservatorio Oficial de Lalín), aprenderemos cancións do repertorio galego-portugues con J.Luis d.P.Orjais, tamén cantigas medievais, romances, danzas renacentistas e música sefardita con Fernando Reyes (Resonet) e percorreremos en 3 dias 100 anos de grabacións sonoras da música galega, os instrumentos e as formacións comentadas por R.Pinheiro (Ouvirmos). Os sábados hai unha explosión musical no centro do Deza e recibimos cos brazos abertos aos bailarins, cantores-as, músicos, xornalistas, críticos, productoras do planeta musgo e veciños-as.
Máis info
4º Encontro de Acordeón Diatónico
27.12.06
O Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín realiza o día 30 de Decembro en Ponteceso, na Asociación Montebranco o 4º Encontro de Acordeón Diatónico. Unha boa oportunidade para despedir o ano ao son do acordeón.Máis info
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=300
III ENCONTRO DE PANDEIRETA INTERNACIONAL. Galiza e Italia.
15.09.06
III ENCONTRO DE PANDEIRETA INTERNACIONAL. Galiza e Italia.Non teñas medo que rache!
O vindeiro 24 de setembro terá lugar en Pontevedra o III Encontro de Pandeireta Internacional que organiza o CMTF de Lalín. Este ano contarán coa presencia de dous mestres de luxo: Carlos Rizzo e Fransy González.
Ademais proxectarase no Teatro Principal da Boa Vila un filme de excepción: “Lomax. The Songhunter”, baseada no traballo de recollida deAlan Lomax por todo o mundo e tamén en Galiza (imaxes de Corcubión e A Cañiza) Este filme foi proxectado unicamente en Barcelona e A Coruña.
Mais información.
Ábrese o prazo de matrícula para o curso 06-07
28.06.06
Xa podes formalizar a tua matrícula no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e proximamente tamén na Escola Folque Infantil.Cando se imparten as aulas e dónde?Todos os sábados de outubro do 2006 a finais de xuño do 2007 en horario de 11h - 14h e de 16h - 20h no Conservatorio de Música. Auditorio Municipal de Lalín. Os horarios diseñanse no mes de outubro e cada alumno/a indica a sua preferencia de horario: mañá ou tarde.
Mais información.
Historia da Música Galega no CMTF DE Lalín
17.10.05
Vimos de recibir a seguinte información do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.Queres coñecer a Historia da Música Galega?
Matricúlate en historia da MúSICA GALEGA no CMTF DE LALIN
UNICO CENTRO DONDE PODERÁS COñECER O PASADO MUSICAL DO PAIS PARA CONSTRUIR O FUTURO.
Mais información.
3º encontro galego do acordeón diatónico - 4 de agosto en Ourense
30.07.05
En Ourense, o vindeiro 4 de agosto de 2005 terá lugar o 3º encontro galego do acordeón diatónico.Mais información
5º Aniversário Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalin
23.06.05
O Conservatório de Música Tradicional e Folque de Lalín celebra o seu quinto aniversário cunha série de actividades e concertos.Mais información