Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Tradescola

Tradescola

A Tradescola organiza un novo concerto didáctico de música tradicional para escolares do CEIP Albeiros

10.03.16

 

cartaz cdtrad albeiro2016A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase ao CEIP Albeiros de Lugo para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares que terá lugar o luns día 14 de marzo as 12:30 horas. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar á nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos polos mestres da Tradescola.

Neste concerto, que estará impartido polos mestres da Tradescola Xela Conde, Xosé Lois Romero e Bruno Villamor, amosaránlles aos alumn@s os instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66

   

Obradoiro de xogos bailados

08.03.16

 

cartazobradoiroxogosbailadossaviao2016-01A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, achegarase o sábado 19 de marzo as 11:00 horas ao Auditorio de Escairón sito no Concello de O Saviñao para impartir un obradoiro de xogos bailados, guiado polos mestres da Tradescola Xabier Iglesias e Xela Conde.

Neste obradoiro, gratuito e destinado a toda a familia, pais/nais, avós/avoas e fillos/fillas (idade mínima 4 anos), @s participantes aprenderán xogos danzados así como as súas cantigas de acompañamento dun xeito divertido e ameno.

¡Aberto prazo de inscrición!

Si desexas inscribirte chama ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandote ata as instalacións da Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

*Prazas limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula).

   

Obradoiro de técnica de acordeón en Monterroso

19.02.16

 cartazobradoiroacordeon monterroso2016-01A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 5 de marzo en horario de 11:00 a 14:00 horas a Escola Municipal de Música de Monterroso para impartir un obradoiro de técnica de acordeón, guiado polo músico e mestre da Tradescola Xerardo Quintela.

Neste obradoiro os asistentes traballarán aspectos da técnica básica de acordeón; o tratamento do fol, a articulación nos manuais dereito e esquerdo, o proceso interpretativo, os hábitos de estudo e o repertorio tradicional da música galega para o nomeado instrumento.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s acordeonistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

   

Obradoiro afinación e empalletado da Gaita en Sarria

03.02.16

cartazobradoirogaita sarria2016

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o domingo 21 de febreiro en horario de 11:00 a 14:00 horas a Casa da Cultura do Concello de Sarria para impartir un obradoiro e afinación da gaita e empalletado, guiado polo músico e mestre da Tradescola Bruno Villamor.

Neste obradoiro os asistentes poderán coñecer aspectos sobre a afinación da gaita: afinación do ronco, afinación da ronqueta, así como os procedementos de manipulación da palleta para acadar unha perfecta afinación do punteiro.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse todos os gaiteiros e gaiteiras que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

   

A Tradescola organiza dous novos concertos didácticos de música tradicional para escolares do Concello de Sarria

18.01.16

concerto didactico casa da cultura sarriaA Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase a Casa da Cultura do concello de Sarria para impartir unha nova xornada de música tradicional para escolares dos centros de ensino Colexio La Merced, CPR Nosa Señora da Asunción e CEIP Frei Luis de Granada, que terá lugar mañá martes día 19 de xaneiro. Con estas xornadas, a Tradescola pretende achegar á comunidade escolar á nosa música e a nosa cultura tradicional, dun xeito ameno e didáctico a través dos concertos impartidos polos mestres da Tradescola. 

O primeiro dos concertos didácticos terá comezo as 11:00 horas, e o seguinte concerto as 12:15 horas.  Nestes concertos, que estarán impartidos polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”, Mª Carmen Saborido e Gerardo Quintela, amosaránlles aos alumn@s os instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.

Mais información:
Tradescola - 982 22 99 66

   

Concerto de Fin de Curso da Tradescola

11.06.15

concertofincurso trad-peqO vindeiro martes día 16 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 14/15.

A Tradescola,  contou neste curso con máis de 260 alumnos matriculados, e conta no seu equipo docente con 9 mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son:Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Pablo Carpintero, Xela Conde e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

A Tradescola colaborou co Proxecto Galauda impartindo un concerto didáctico de música tradicional

13.04.15

concerto didctico tradescola 2O concerto tivo lugar o luns día 13 de abril de 2015 no Salón de Actos do Centro Lug 2 e estivo impartido polos mestres da Tradescola Bruno Villamor, Xela Conde e Gerardo Quintela. 
Asistiron alumnos de 1º de ESO de El Casal (Castellar del Vallès, Barcelona), que forman parte deste proxecto educativo intercultural, e alumnos de 6º de primaria do CEIP Anexa de Lugo

   

O NADAL CHEGA Á TRADESCOLA!!!

17.12.12

copia de cartel o nadal chega a tradescola 2012O VINDEIRO VENRES 21 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!!

O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II  (na Tradescola).

-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias. 

-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos Pablo Díaz e Diego Barral co Concerto do TIC- TAC, concerto para nenos e maiores que será gratuito e aberto a toda a poboación. 

-E para rematar ás 21.00 horas faremos unha foliada !!!!!!!!! 

Esperámosvos a todos para tomar uns pinchos e tocar e bailar xuntos. Non vos esquezades de traer os vosos instrumentos, e de anotarvos no listado da Tradescola, por teléfono (982229966) ou contestando a este mail indicando as persoas que ides a vir.

Data máxima para inscribirse á FOLIADA : Xoves 20 de decembro. O prezo para asistir a mesma é de 6 €/ persoa.

Dende a Tradescola e dende a Asociación de Gaiteiros Galegos aproveitamos para desexarvos unhas boas festas, e un bon comezo de ano!!!!!!!!!!

 

   

Alumnos de acordeón e canto e pandeireta da Tradescola participan en Cultura Aberta

20.07.12

cultura aberta 2012Cultura Aberta, o programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo para achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, contou na xornada de onte cunha nova colaboración da Tradescola, que a través dos seus alumnos de acordeón e de canto e pandeireta, encargáronse de amenizar musicalmente os momentos previos á actividade.

   

A TRADESCOLA PARTICIPARÁ NA V EDICIÓN DE CULTURA ABERTA NOS XARDÍNS DA DEPUTACIÓN DE LUGO

12.07.12

p1020264Cultura Aberta, o programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, contará nesta edición coa colaboración da Tradescola, que a través dos seus alumnos e mestres encargarase de amenizar musicalmente a entrada ás distintas actuacións previstas no programa. Con esta iniciativa , a Tradescola da un novo paso no seu traballo de promoción e difusión da música e da cultura galega, e fai visible unha vez máis o traballo desenvolto pola Asociación de Gaiteiros Galegos a prol da nosa cultura.

A actuación que a Tradescola ofrecerá hoxe na entrada do Pazo de San Marcos, correrá a cargo de alumnado de canto e pandeireta, que estará dirixido pola súa profesora Begoña Lorenzo. A actuación iniciarase sobre ás 20.20 horas.

A TRADESCOLA, escola de música e baile tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, contou durante este curso con máis de 200 alumnos matriculados. O seu equipo docente estivo formado por 9 mestres, encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical.  Os mestres implicados son Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal.

Cabe mencionar que ainda está aberto o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2012-2013, e xa máis de 190 persoas teñen feita a mesma.

Para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira  Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

Páxina 2 de 3