Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / PROXECTO RUNAS DO FESTIVAL ORTIGUEIRA 2009

PROXECTO RUNAS DO FESTIVAL ORTIGUEIRA 2009

Concursos e Certames

O Festival Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do Proxecto Runas, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por coarse no cartel do 2010.

Se tes unha banda e queres participar, bótalles unha ollada ás bases do concurso e envía ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo tres das túas cancións en mp3, acompañadas dunha breve historia e unha foto do grupo.

Os tres grupos máis votados actuarán o xoves 9 de Xullo no escenario Estrella Galicia. Un xurado do Festival estará presente no público para seleccionar ao mellor grupo, que actuará na edición de 2010.


¿Cómo participar?

10 de xuño será a data límite para que as formacións envíen en MP3 á organización , os seus tres mellores temas dos que, cando menos un, será de produción propia. Xunto a estes cortes, deberán incluír un breve dossier informativo.

Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes e - como novidade- "de calquera procedencia xeográfica", deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co apoio do Xacobeo, Estrella Galicia e Deputación, entre outras entidades, realizará unha primeira selección de dez grupos.

A segunda fase correrá en exclusiva a cargo dos internautas que visiten a web oficial. Eles e elas elixirán cos votos que emitan do 15 ao 30 de xuño, de entre estas dez candidaturas, as tres formacións que actuarán na xornada inaugural da próxima edición do Mundo Celta, o vindeiro 9 de xullo. Cada un dos grupos recibirá 1.000 euros.

Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tralos concertos a banda gañadora que volverá ao Escenario Estrella Galicia no 2010 e se embolsará 3.500 euros.