Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Roubos / ROUBO DE ROUPA A ALBENDEIRA

ROUBO DE ROUPA A ALBENDEIRA

Roubos

Ola!

Solicitamos a vosa colaboración para localizar 2 traxes completos de gala de home e 2 completos de muller que desapareceron co coche que roubaron esta fin de semana en Vigo. O coche apareceu pero os traxes non.

Mais información

Entre as pezas destacariamos varios panos antigos de seda, 1 chaleque verde de brocado, 1 mantón de manila negro antigo, 1 saia de pano con apliques de veludo, 1 saia de estameña, 1 traxe de raso de muller, outro de faena e outro de pano. Ademais tamén levaron 1 pandeireta de nogal e 1 tamboril de MON.

Pensamos que igual intentan vendelo a algún grupo ou tenda.

Se tendes algunha nova, por favor avisade a Luís Prego no teléfono 627 456 883.

Tamén vos agradecemos a máxima difusión desta mala nova

Moitas grazas

Concha Moares
BRINCADEIRA Grupo de Baile e Música Tradicionais www.brincadeira.org Rúa do Home Santo, 62 baixo 15703 Santiago de Compostela Teléfono (+34) 625 600 692