Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / CDG / Carta do Colectivo en Defensa da Gaita: Gaitas marcianas e peloteo político

Carta do Colectivo en Defensa da Gaita: Gaitas marcianas e peloteo político

CDG




Recentemente o Colectivo en Defensa da Gaita (http://www.cdg.es.vg/), que leva xá bastantes anos traballando pola dignificación da gaita galega, enviou unha carta a todos os medios de comunicación do pais titulada "Gaitas marcianas e peloteo político".



Mais información
Recentemente o Colectivo en Defensa da Gaita (http://www.cdg.es.vg/), que leva xá bastantes anos traballando pola dignificación da gaita galega, enviou unha carta a todos os medios de comunicación do pais titulada "Gaitas marcianas e peloteo político".

Como mostra, a publicación nun deles que podedes consultar na seguinte ligazón

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=15282&pIdSeccion=20&pNumEjemplar=2353

Texto completo da carta enviada:

Gaitas marcianas e peloteo político

Nestes tempos de alternancia política no noso goberno, comezan certas inquedanzas e preocupacións en determinadas persoas porque están a ver como o invento copiado que eles mesmos crearon hai xa anos das bandas de gaitas que imitan ás escocesas está a piques de esmorecer pouco a pouco pola nova situación política que se está a dar na actualidade en Galicia. A actitude amosada ata agora polos nosos gobernantes non é outra que a dun rexeitamento incomprensible ó noso patrimonio cultural, recurrindo ó modelo escocés nas bandas, que nada aporta á nosa música.

É moi curiosa, por exemplo, a amable e sospeitosa predisposición de Xosé Lois Foxo (Director da Real Banda e da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense) a ofrecer os seus servicios para actos gubernamentais, como veu facendo ata agora. Nunhas recentes declaracións a un medio de comunicación escrito da nosa terra deixa caer o seu evidente bo trato con todo o mundo, afirmando: “Eu respeto todas as posturas e teño amigos en tódolos partidos”. Xa o sabemos, Sr. Foxo. É do que se trata. Dalgunha maneira ten que gañarse a vida. Non obstante, menciona a dignificación da gaita como algo moi importante para a música galega e para Galicia. Pero ¿de que dignificación estamos a falar? ¿da dignificación da nosa gaita galega ou desa gaita e dese modelo de banda de gaitas que inventou e que dende hai anos tenta que se asuma como propio cos cartos de tódolos galegos e co visto bo dos nosos gobernantes? Non, Sr. Foxo. As cousas hai que chamalas polo seu nome. E vostede nunca o fixo.

O tema das axudas económicas a estes colectivos musicais pro-escoceses tamén é tratado sutilmente polo Sr. Foxo, pois coa nova executiva socialista-nacionalista non está nada claro o reparto destas subvencións, polo que el mesmo afirma que “agardamos que todo siga máis ou menos igual, senón quedaría patente que se trata dun desprezo”. Curioso. ¿Dun desprezo a que e a quen? E logo, dende que este invento copiado existe ¿non se despreza á música galega? E aínda máis: non se respeta a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, na que figura todo o contrario do que vostede e o goberno anterior fixeron. Non respetar esta lei supón ir contra á cultura da nosa terra e contra todos nós. E iso si que é un desprezo e unha falta de respeto. Non hai que preocuparse de se este goberno vai ou non vai respetar á gaita: a nosa gaita será respetada. As gaitas que non son nosas…veremos.

Colectivo en Defensa da Gaita. A Coruña




En representación do CDG:

RICARDO CASÁS SALGADO D.N.I. 53.162.745 - Q
LUIS GARCÍA CORRAL D.N.I. 53.163.859 – A
RAMÓN RODRÍGUEZ PALLEIRO D.N.I. 47.368.388 - A