Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional)

e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional)

Cursos

O Concello de Vigo, a través da súa Area de Educación pon en marcha a e-Trad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A e-Trad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral. Oferta dous tipos de enfoque educativo: o afeccionado e o profesional.

Afeccionado: O público interesado poderá aprender a interpretación do canto e a música tradicional nun nivel básico.

Profesional: O actual profesional da música ou futuro profesional vai poder formarse ou complementar a súa formación, tanto nas especialidades instrumentais e vocais como nos marcos teorico-prácticos que envolven a actividade musical. Para o mellor cumprimento desta función, a e-Trad oferta dous niveis diferentes do itinerario profesional, segundo as necesidades do alumnado.

Especialidades instrumentais e vocais:
- Canto popular, Violín folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.

A e-Trad atenderá a un máximo de 300 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.

Máis información en www.e-trad.org