Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

O sábado 10 de Novembro do 2007 terá lugar no Parque de Eirís da cidade da Coruña unha foliada, coincidente co 25 Aniversario do Grupo de Bailes Populares “IAR”.

Dende a organización queren convidar a todo o mundo a desfrutar da festa, ou mesmo a intervir (cantando, bailando, etc), posto que despois das actuacións de rigor, a participación será libre. e a mesma dará comezo ás 21:00h.

En caso de non coñecer o enderezo, podedes poñervos en contacto coa organización que vos indicarán ben a través dun mapa que vos remitirán por correo electrónico (no correo do Grupo de Baile: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ), ou telefónicamente (Servando López: 639516194), do xeito máis sinxelo posible a forma de chegar.


R /CERCA, 30 BAIXO 15.009 A CORUÑA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
FAX:981133646