Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio

De acordo cos seus obxectivos de potenciar e incentivar a actividade empresarial no ámbito do teatro, a música e a danza de Galiza, o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) mantén a súa colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e BIC-Galicia no desenvolvemento de seminarios dirixidos ás empresas escénicas e musicais, como os dous que se celebrarán o vindeiro mes de novembro en Santiago de Compostela: o curso Produtos Financeiros e Financiamento na Peme e a segunda edición do Seminario de Planificación Empresarial.

Máis información e Inscrición Curso Produtos Financeiros e Financiamento na Peme: inscrición
Datas de celebración: 6 e 7 de novembro de 2007

Horario: de 16.30 a 20.30 h.

Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas, s/n. Santiago de Compostela)

Prazas: limitadas (por orde de inscrición)

Matrícula: gratuíta

Organiza: IGAPE e Bic-Galicia, en colaboración co IGAEM

Dirixido a titulares e traballadores de empresas galegas dedicadas ás artes escénicas e musicais, o curso consta dun total de 8 horas lectivas e ten como obxectivo proporcionar habilidades ao empresario e/ou xestor para enfrontar as diversas negociacións con entidades financeiras de forma construtiva e lograr un resultado satisfactorio. O seminario expón unha análise dende o punto de vista das entidades financeiras e o proceso de toma de decisións nas mesmas.

Contidos:
1. Introdución
-O negocio bancario
-Estrutura das entidades financeiras. Circuítos de decisión. Identificación del interlocutor adecuado
-A oficina bancaria
2. Cántos bancos necesita unha empresa?
-A elección do número de entidades financeiras - diversificación.
-A elección da entidade financeira
3. Produtos e servizos financeiros para empresas
4. Produtos de activo
5. Financiamento do circulante (créditos, préstamos, carteira)
6. Financiamento a longo (préstamo, leasing, financiamento a promotores)
7. Comercio exterior. Financiamento comercio exterior
8. Risco de sinatura. Avais
9. Produtos de pasivo
10. Servizos. (Cobros e pagamentos nacionais, recadacións e banca electrónica)
11. A análise do risco nas entidades financeiras
-Sistemas de análise de empresas utilizados polas entidades financeiras.
-Bases de datos utilizados polas entidades financeiras
12. Información e documentación básica solicitada polas entidades financeiras
13. Requirimentos para o desenvolvemento dunhas relacións bancarias profesionais
14. A negociación final
15. Eu gaño – ti gañas
16. Os 10 mandamentos do negociador

Prazo: Inscrición do 8 ao 28 de outubro, achegando unha mensaxe ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo baixo o asunto "Curso Produtos Financeiros", na que se indique:
-Nome e apelidos do alumno/a
-Empresa á que pertence
-Cargo
-Teléfono de contacto
-Correo electrónico


Seminario de Planificación Empresarial: inscrición na segunda edición
Datas de celebración: 12, 13, 14, 15, 21 e 22 de novembro de 2007

Horario: de 16.30 a 20.30 h.

Lugar: Escola de Altos Estudos Musicais (Finca Vista Alegre. Rúa Salvadas, s/n. Santiago de Compostela)

Profesor: Fernando M. Valdueza

Prazas: limitadas (por orde de inscrición)

Matrícula: gratuíta

Organiza: IGAPE e Bic-Galicia, en colaboración co IGAEM

O Seminario de Planificación Empresarial axudará a coñecer os conceptos básicos necesarios para enfocar o plan de negocio, deseñar o proxecto de empresa e contrastar a viabilidade do mesmo, en sesións eminentemente prácticas e impartidas por profesionais recoñecidos do mundo da empresa e da formación.

Este seminario consta de seis sesións de formación presencial de catro horas cada unha, que serán complementadas con titorías de asesoramento individual.

Obxectivos:
-Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do plan de negocio.
-Deseñar e elaborar o proxecto de empresa.
-Contrastar a viabilidade do proxecto empresarial.

Programa e contidos:
O programa facilitará ao emprendedor a metodoloxía e instrumentos necesarios para desenvolver o plan de empresa, de aí que o seminario sexa útil para emprendedores cunhas ideas de negocio que estean desenvolvidas cualitativamente (definido o negocio, clientes, mercado, organización, etc.) e teñan un esbozo cuantitativo da idea (recursos necesarios, inversións, prezos, etc.), traballando en cada caso o seu proxecto individual durante toda a acción formativa de acordo cos seguintes contidos:

1. Emprendedor e empresa
2. Ó ámbito de actuación da empresa
3. Os procesos e a organización interna
4. Desenvolvemento do plan de empresa
5. A viabilidade económica da empresa
6. A viabilidade financeira da empresa
7. Desenvolvemento do plan económico / financeiro
8. Titorías personalizadas

Prazo: Inscrición do 8 ao 28 de outubro, achegando unha mensaxe ao enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo baixo o asunto "Curso Planificación Empresarial", na que se indique:
-Nome e apelidos do alumno/a
-Empresa á que pertence
-Cargo
-Teléfono de contacto e correo electrónico