Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / NOVOS CURSOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL RETROUSO

NOVOS CURSOS DA ASOCIACIÓN CULTURAL RETROUSO

Cursos

A Asociación Cultural Retrouso recibe con importantes novidades o novo curso 2007-2008. A partir de outubro, novos profesores de prestixio recoñecido toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo.

Guillerme Ignacio, cantador e gaiteiro de Quempallou e d'O Tear de Llerena, impartirá pandeireta e canto tradicional en Cela os mércores en dúas quendas: ás 19.30 h e ás 21.00 h, segundo o nivel do alumnado.

Alberto Costas, respectado percusionista, colaborador dos mellores gaiteiros solistasactuais, dará clases de iniciación e perfeccionamento de percusión os xoves, ás 20.30 horas.

Cristóbal Prieto, gaiteiro e artesán do Hío, coa vida centrada na gaita desde hai anos, ensinará a tocar o instrumento os sábados desde as 11 horas da mañá.

Teresa Pedrouso, curtida no ensino de acordeón en conservatorio, emprende o obxectivo de crear un grupo de acordeonistas ligados ao repertorio tradicional. Será os martes ás 18 horas, con aulas de hora e media. Antes, ás 17 horas, ofrecerá, separadamente, formación de linguaxe musical.

A estrutura de baile mantense, con escolas de base nas parroquias de Ardán, Beluso e Cela e Margarita Pérez, fundadora de Andarela, como directora artística. Tamén a do coro, que seguirá ensaiando os luns ás 21 horas, baixo a batuta de Carme Pereira.

Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela).

Os interesad@s podedes apuntarvos no teléfono 686 440108 (Rubén), escribir ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , ou pasarvos polas clases para informarvos.