Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Lume na Palleira / Andar cos Tempos...

Andar cos Tempos...

Lume na Palleira

 andar cos tempos museo do pobo... ou de como cribar o gran para mañá

Un convite a revisar a tradición con perspectiva de xénero
 
O vindeiro mércores, 27 de abril o Museo do Pobo inaugura Andar cos tempos, unha exposición que se poderá visitar ate o 28 de maio no andar do claustro. Andar cos tempos é un dito popular que nos sinala a necesidade de ser conscientes dos cambios que se desenvolven arredor de nós, de como debemos ser quen de adaptarnos a eles e de seleccionar aqueles que consideramos axeitados, para seguir enriquecéndonos cultural, persoal e socialmente. Fálanos de como a tradición non vén sendo outra cousa que a suma de feitos anovadores que conforman a experiencia colectiva, de como as comunidades co devir do tempo criban o pasado para recoñecerse no  presente, nunha construción colectiva que legar ao futuro.

(Para ler a nova completa clic no título)

Foi o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo o que propuxo a Chus Caramés e Carme Campo, comisarias da exposición, a ensinar no MPG este proxecto deseñado inicialmente para os XVI Encontros de Música Tradicional de Carboeiro. A mostra convida a revisión de elementos esenciais da tradición, como poden ser a música e o baile, desde unha perspectiva de xénero.
 
A inauguración dará comezo ás 20h00.

 
Máis información:
Educación e Acción Cultural
MUSEO DO POBO GALEGO
(0034)981583620
www.museodopobo.gal