Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Obradoiros, seminarios, xornadas,... / Obradoiro e concerto-baile de Pesdelán

Obradoiro e concerto-baile de Pesdelán

Obradoiros, seminarios, xornadas,...

bailalle cabewebBáilalle á primavera!
A Cidade da Cultura convídavos a recibir a primavera bailando. Coincidindo co Día Internacional da Danza, o Museo Centro Gaiás vestirase de cores para vivir unha tarde chea de música e baile.
A celebración comeza ás 18 horas cun obradoiro de balde co que aprender a bailar danzas galego-portuguesas.
Pensado para gozar en familia, o grupo Pesdelán ensinaralles aos participantes os pasos básicos para cada un dos bailes, nunhas divertidas clases que estarán amenizadas con música en directo.

 (Para ler a nova completa clic no título)

Tras a aprendizaxe, máis diversión. Porque a partir das 19:30 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá o concerto de Pesdelán cun único obxectivo: que o público baile! Coas súas actuacións, Pesdelán pretende recuperar o espírito das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia, mediante o ensino de bailes e xogos sinxelos.
Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos poidamos unirnos ao baile.

E para conseguir unha tarde redonda, a Cidade da Cultura convida a todos os participantes a vestirse de primavera: dunha cor, con flores, coas tonalidades do arco da vella…
Unha explosión de ritmo e cor para bailarlle á primavera!

 

Obradoiro de baile: previa inscrición.

Concerto: 3€ (ver descontos)
Venda de entradas: www.ataquilla.com, Museo Centro Gaiás, puntos habituais de venda física ou venda telefónica no teléfono de Ataquilla 902 504 500 (Aforo limitado)

Mais información: