Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / III FOLIADA DE MELIDE

III FOLIADA DE MELIDE

Festivais, Foliadas, Romarías

O Domingo 29 de Abril, vaise celebrar a "III Foliada de Melide" organizada pola Asociación Cultural e Musical O CASTELO e patrocinada pola Deputación de A Coruña coa colaboración do Concello de Melide e a Asociación Catesol.
II Seminario sobre palletas e pallóns para gaita galega, Exposicións, Obradoiros, Xantar Popular, Baile Tradicional, Marcha Gaiteira, Monicreques..se queredes saber todas as actividades que se van a realizar tedes o enlace aquí mesmo. Non vos esquezades de acudir a esta gran festa!

Programa da Foliada III FOLIADA DE MELIDE
29 DE ABRIL
PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS


ORGANIZA: Asociación Cultural e Musical O CASTELO
PATROCINA: Deputación de A Coruña
COLABORA: Concello de Melide, Asociación Catasol


10:30 Pasarrúas a cargo da Agrupación Folclórica Castelo

11:00 Apertura MOSTRA DE ARTESANÍA

11:00 Apertura EXPOSICIÓNS

- Mostra sobre o traballo desenvolvido pola Asociación de Gaiteiros Galegos
Organiza: Escola de gaita e percusión galegas Axoúxere
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos

- 15 anos de música e baile
Agrupación Folclórica Castelo

- Instrumentos antigos
Pepe Temprano

- Os xogos populares
AGXPT. Ascoc. galega do xogo poular e tradicional

11:00 CONFERENCIA no Centro Multiusos

- II Seminario de palletas e pallóns para gaita galega
Participan Antón Corral, X. M. Gil, J. Luis Enriquez e Juan Brea
Organiza: Asociación de Gaiteiros Galegos

12:00 TÍTERES TRES GLOBOS de Melide presenta a obra:
“Pedro e o lobo”

13:00 MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL

- A. C. Brisas do Quenllo de Numide (Tordoia)
- Grupo de baile tradicional Xirandola (Bandeira)

14:00 OBRADOIRO tradicional “A fía”

15:00 XANTAR POPULAR

17:00 ACTUACIÓNS

- Miro Casabella
- Benigno Penas (Harmónica)
- Xosé Sánchez (Cantor tradicional)

17:30 OBRADOIRO infantil “Os maios”
(Agrupación Folclórica Castelo)

19:00 MARCHA GAITEIRA. Percorrido pola vila

- Agrupación Folclórica CASTELO (Melide)
- Esc. de gaita e percusións galegas AXOÚXERE (Melide)
- Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
- OS MELIDAOS Gaiteiros (Melide)
- Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
- Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
- Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
- Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
- Grupo de gaitas LUME NA LAREIRA (A Estrada)

20:30 SERÁN

A media noite QUEIMADA de valde para tódol@s asistentes

Para máis información:

www.agrupacioncastelo.com
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo