Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Tradescola / Exposición do IV Certame de debuxo “Os Instrumentos da Música Tradicional Galega”

Exposición do IV Certame de debuxo “Os Instrumentos da Música Tradicional Galega”

Tradescola

expo trad 2016webXa vai pola IV edición do certame de debuxo “Os Instrumentos da Música Tradicional Galega” que a Tradescola ven organizando coa finalidade de potenciar e difundir entre @s máis pequen@s a música tradicional galega, axudar a que coñezan os nosos instrumentos, a nosa historia e costumes dun xeito natural dende os primeiros anos, fomentando actitudes de respeto e valoración da mesma.  
Dende a Tradescola coidamos imprescindible e necesario este proceso de transmisión, que constitúe unha garantía da conservación das nosas tradicións.

 (Para ler a nova completa clic no título)

A exposición conta con casi 860 debuxos de nenos e nenas escolarizados en centros públicos do Concellos de Lugo, e está instalada no local da Tradescola (Centro LUG2, Rúa Pintor Corredoira nº 4, Lugo). Estará aberta ao público de Luns a Venres en horario de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas ata o vindeiro 31 de Maio.

 

Premios:

Na IV edición do certame o xurado; composto pol@s mestres da tradescola, escollerán 10 debuxos finalistas que recibirán un lote de produtos, dos que un (o debuxo gañador), recibirá ademáis un premio consistente na matricula gratuíta dunha materia na Tradescola para o curso 2016/2017.