Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concertos / 3º Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana

3º Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana

Concertos

O sábado 18 de Novembro, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por terceira vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas. Vaivos un pequeno planin desta edición:
-16:00 h. Os que poidamos, quedamos no lugar do Alcuentru, no enxebre local Sabil do Concello de Santu Adrianu (www.elsabil.net). Dende alí os nosos excepcionais “sherpas” locais levarannos de ruta etnográfico-paisaxística pola contorna (non se descarta rachar a paz cotián dalgunha que outra brava pandereteira asturiana).
-20:30 h. Se non podedes vir á ruta, xuntarémonos tod@s no Sabil e teremos a consabida cea-confraternización, que unha boa “folixa” presta ben máis co bandullo cheo. Pagaremos, coma en Ribadéu, “cada un o seu” :-).
-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos dos grupos de pandereteiras Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños-A Coruña) e máis das anfitrionas, división de Muyeres especializada no suroccidente astur.
-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.
E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local. O prezo está aínda por determinar con exactitude, pero seravos ben axustado.
Información e Inscricións: no teléfono 657 209 731 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do venres 3 de Novembro, indicando o número de persoas que participariades no Encontro.