Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías / O Festival de Ortigueira atrasa as súas datas

O Festival de Ortigueira atrasa as súas datas

Festivais, Foliadas, Romarías

festival ortigueiraCoa intención de recuperar público universitario, logo da caída do pasado ano por coincidir con exames, o Festival de Ortigueira muda as súas datas. Será entre o 12 e o 15 de xullo cando a vila acolla este evento, que conta nesta xeira con bandas coma Oban pipe band (Escocia), Crema de gaita (Galicia), The Rua Macmillan band (Escocia), Electric céilí (Irlanda), Bagad Glazik Kemper (Bretaña), Stolen Notes (Andalucía), Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia), Blazin' fiddles (Irlanda) ou Jamie's Smith Mabon (Gales) entre outras.

No escenario Runas, para grupos noveis, poderán verse o 12 de xuño o traballo de Avelaíña (Galicia), Rastrexos Project (Galicia), Alén de Ancos (Galicia) e mais os xaponeses Harmonica creams.

 

www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=21072