Asociacion de Gaiteiros Galegos

Manguelo Folk

Festivais, Foliadas, Romarías

O vindeiro día 27 de Maio na parroquia de Orazo do concello da Estrada (estrada N-525 a 30 km de Santiago e 30 de Lalín ) , a asociación Socio Cultural COTO MANGUELO , organizamos o 3º festival de música tradicional e folque MANGUELO FOLK.

Dende as 19.00 do serán contaremos coa actuación dos grupos: Asociación folclórica Tamparrantán; Agrupación Folclórica Xirandola; Compañía de Títeres Seis Dedos de Lalín; Pandereiteiras Lilaila de Orazo; O Arco de Merza; Pandereiteiros da A.C. Nos de Sobradelo.

E a partires das 23:30 actuarán: O REGATO DE MATAMULLERES; RUOTE ; A XISTRA DE CORUXO; QUEMPALLOU; Grupo de animación musical e de Baile Dálle Caña.

Mais información.
Contaremos coa exposición dos productos de varios artesáns (Mario Coiro, Elena Ferro, Sirves 31, Feitoamán, etc. ) e tamén exporemos os mais de 300 debuxos que se presentaron ó 1º concurso de debuxo (o debuxo ganador e o que figura no cartel do festival).

Contaremos con zona de acampada, aparcadoiro e cunha zona onde poder merendar ou cear ( polbo , churrasco , xamón asado , bocatas quentes , etc.) Todo a prezos populares.

O campo da festa estará cuberto por unha gran carpa.

Máis información no teléfono 616534077.